Deputación de Lugo

O Deputado de Medio Rural lamenta a “falla de credibilidade e ambición” da concentración parcelaria anunciada pola Xunta

Imaxe deputación de lugo
- Rodríguez Ónega remarcou que “cada vez que se
aproximan unhas eleccións, o Goberno de Feijóo comprométese con concentracións
parcelarias que logo non se fan”- “Así o fixeron no 2011, antes dos comicios municipais,
cando Raquel Arias mantivo unha reunión con veciños da parroquia de Suevos, en
Pol, para asegurarlles que ía a executar o proxecto de concentración
parcelaría, que a día de hoxe segue igual”- “Falla de ambición”: “o proxecto non contempla ningún
tipo de actuación en relación ao sector forestal e os acceso ás fincas non
permiten a entrada de maquinaria agrícola, como un simple tractor”- “Fixemos propostas á Conselleira, que non foron ben
recibidas. Tivo unha actitude desafiante, asegurando que se o proxecto da Xunta
non se axusta a determinados Concellos, que a solución sería retiralo dos
mesmos para levalos a outros municipios”

O Deputado de Medio Rural edo Mar, Lino Rodríguez Ónega, lamentou este venres “a falla de credibilidade ede ambición” do proxecto de concentración parcelaria, que  anunciou a Consellería de Medio Rural paraLugo.

Rodríguez Ónega remarcou que“a reunión que tivo lugar este xoves foi un acto electoral, pois cada vez quese aproximan unhas eleccións, o Goberno de Feijóo comprométese conconcentracións parcelarias que logo non se fan. Así o fixeron no 2011, antesdos comicios electorais, cando Raquel Arias mantivo unha reunión con veciños daparroquia de Suevos, en Pol, para asegurarlles que ía a executar o proxecto deconcentración parcelaría, que a día de hoxe segue igual. Tamén se comprometeroncoa concentración de Hermunde, outra parroquia de Pol, que conta co respaldo do100% dos veciños. Nada sabemos deste proxecto”.

O Deputado lamentou a “fallade ambición” do proxecto, pois non contempla ningún tipo de actuación enrelación ao ámbito forestal, “coa importancia e riqueza deste sector naprovincia”. Neste senso, apuntou que, ademais, “os camiños que se contemplanpara o acceso ás fincan non responden ás necesidades dos veciños, pois polosmesmos non é posible acceder con maquinaria agrícola, como un simple tractor”.

Actitude “desafiante” coaspropostas

“Ante a falla de respostasás necesidades dos veciños do proxecto de concentración parcelaria”, oDeputado, que participou na reunión do xoves, asegurou que “fixemos propostas áConselleira, que non foron ben recibidas. Tivo unha actitude desafiante, asegurandoque se o proxecto da Xunta non se axusta a determinados Concellos, que asolución sería retiralo para levalo a outro municipio”.