Deputación de Lugo

A de Lugo, a primeira Deputación galega que asume os custos municipais dos GES

- É unha aposta persoal do Presidente, que hoxe lla trasladou aos representantes dos 8 Concellos lugueses con Grupos de Emerxencia Supramunicipal - A Deputación achegará 700.000 euros anuais para asumir o 40% dos custos polos GES na provincia. Farase cargo do 20% dos Concellos, que representan 50.000 euros en cada municipio, e seguirá pagando o 20% que lle corresponde - Ata o de agora, os GES sempre estiveron financiados nun 60% pola Xunta de Galicia, nun 20% polas 4 Deputacións galegas e noutro 20% polos Concellos

O Presidente, Darío Campos Conde, informou sobre a reunión que este mércores mantivo con representantes dos 8 Concellos responsables dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal. Campos Conde explicou que o motivo deste encontro foi para adiantarlles que a Deputación de Lugo vai a asumir os custos municipais polos GES, converténdose no primeiro organismo provincial de Galicia que o fai.

A Deputación de Lugo financiará o 40% dos Grupos de Emerxencia Municipal na provincia de Lugo, pois seguirá achegando o 20% que lle corresponde, e farase cargo do 20% dos Concellos, que representan 50.000 euros por cada municipio. Para elo, o organismo provincial achegará un total de 700.000 euros ao ano.

“Esta é unha aposta persoal, pois, como Alcalde que son, coñezo de primera man as dificultades que sofren os Concellos para pagar os GES. Ademais, paréceme unha decisión coherente, cando Xunta e Deputación tamén asumen os custos polos parques de bombeiros, sendo esta unha prestación semellantes. Nos vindeiros días, asinaremos cos Concellos os convenios de colaboración correspondentes”, adiantou o Presidente.

Os Grupos de Emerxencia Municipal están financiados nun 60% pola Xunta, nun 20% polas 4 Deputacións galegas e noutro 20% polos Concellos. Na provincia de Lugo, os GES sitúanse en Cervo, A Pontenova, Becerreá, Monterroso, Guitiriz, A Fonsagrada, Folgoso do Courel-Quiroga (municipios que comparten grupo).