Deputación de Lugo

Santos Ramos mantén un encontro no Corgo cos participantes do AlimentaTIC que ofrece a TIC da Deputación

O Vicepresidente e Patrono da TIC da Deputación, mantivo este mércores un encontro cos participantes do AlimentaTIC, o obradoiro incluído dentro da programación de actividades gratuítas para maiores do InLugo, que fomenta a alimentación saudable a través das TIC.

Santos Ramos destacou que “todos sabemos que unha alimentación saudable é recomendable en calquera etapa da vida, pero faise especialmente necesaria cando imos sumando anos. En moitos casos, coa idade consolidamos uns hábitos que non son os máis axeitados. O obxectivo de Alimentatic é, precisamente, ensinar aos nosos maiores a coidar da súa saúde cunha dieta saudable empregando as novas tecnoloxías”.
Ademais de participar nestes obradoiros, nos que haberá postos con alimentos saudables para os asistentes, os maiores terán a súa disposición unha guía de alimentación en formato dixital co deseño, por exemplo, dun menú semanal saudable ou con consellos para comer ben a prezos económicos.
15 obradoiros
Con motivo da celebración, o 16 de outubro, do Día Mundial da Alimentación, o InLugo organizará ata finais de ano 15 talleres distribuídos en todas as comarcas da provincia, así como dúas conferencias maxistrais sobre a importancia de mellorar as prácticas alimentarias a través das tic. Os seguintes obradoiros son:

Xoves, 27 de outubro
16:00 a 19:00 horas, na Casa da Esola de Pígara, en Guitiriz.
Venres, 28 de outubro
16:00 a 19:00 horas, no Salón de actos casa da cultura, na Pontenova
Luns, 31 de outubro
16:00 a 19:00 horas, no Salón de actos casa da Cultura, en Trabada