Deputación de Lugo

O Goberno ingresou 2,2 millóns de euros aos Concellos para xerar novos postos de traballos co DEPUEMPREGO   

Imaxe deputación de lugo
-  Estes fondos corresponden co anticipo do 90% que o Executivo decidiu ofrecer aos municipios para axilizar a contratación de novos traballadores. Pedírono 55 Concellos - O Presidente adiantou que 23 municipios de toda a provincia notificaron á Deputación a posta en marcha dos procesos de selección de 68 empregos - Campos e Santos informaron sobre o DEPUEMPREGO en Trabada, Concello que iniciou a selección dun técnico deportivo, un auxiliar administrativo e un arquitecto técnico - A Alcaldesa destacou que “estes perfís laborais son imprescindibles para Trabada,  pois hoxe non podemos prestar aos veciños atención urbanística nin no ximnasio porque o Goberno Central limitou ás entidades locais contratar persoal municipal”

O Presidente, Darío Campos Conde, avanzou este venres que o Goberno Provincial vén de ingresar 2,2 millóns de euros aos Concellos para xerar novos postos de traballo a través do DEPUEMPREGO, o plan de emprego da Deputación nos municipios de menos de 20.000 habitantes. Este orzamento correspóndese co anticipo do 90% que o Executivo Provincial decidiu ofrecer aos municipios para axilizar a contratación de novo persoal co que reforzar os servizos locais aos veciños. Son 55 os Concellos que o solicitaron e aos que lles foi ingresada a súa correspondente achega, coa que financiar todos os gastos laborais dos novos traballadores. Campos Conde fixo este anuncio durante unha visita ao Concello de Trabada, no que estivo acompañado polo Deputado de Emprego, Álvaro Santos Ramos, e pola Alcaldesa, Mayra García Bermúdez.

O titular provincial adiantou que a Deputación xa está a recibir as bases dos procesos de selección de traballadores, que levan a cabo os Concellos. Son 23 os municipios que teñen en marcha a selección de persoal para un total de 68 novos empregos, que lles financia na súa totalidade a Deputación. Un destes Concellos é o de Trabada.

Reforzo dos servizos municipais
Ao respecto, a Alcaldesa remarcou que “ata o 4 de novembro incluído, todos os interesados poden presentar no Consistorio a súa solicitude para concorrer a un posto de traballo como técnico deportivo, e ata o 2 de novembro para os de auxiliar administrativo e arquitecto técnico. Para o noso Concello son imprescindibles estes perfís laborais, pois a día de hoxe non podemos prestar aos veciños atención en materia urbanística, temos que recorrer ao servizo gratuíto que ofrece a Deputación a través da área de Cooperación cos Concellos; ao igual que tampouco podemos ofrecer atención no ximnasio onde non temos persoal. Todo isto debido ás limitacións do Goberno Central que, a través da Lei de Presupostos Xerais do Estado, impide ás entidades locais celebrar procesos de selección de persoal municipal, coartando aos Concellos a prestación de servizos que queremos e temos que ofrecer aos nosos veciños para a súa calidade de vida”.

Información nos Concellos
Cómpre salientar que son os municipios os encargados de elaborar as bases cada posto de emprego, así como de definir os procesos de selección. Polo tanto, para coñecer as datas de presentación de solicitude ou de celebración das correspondentes probas, os interesados deben dirixirse aos Concellos para coñecelas. Con todo, a Deputación establece a obriga de facer primar na contratación a colectivos en risco de exclusión, como maiores de 45 anos, parados de longa duración, persoas con discapacidade ou vítimas de violencia de xénero, entre outros. Ademais, o organismo provincial publica en www.deputacionlugo.gal as bases dos procesos de selección que teñen previsto iniciar os Concellos, así como os postos de traballo que se ofertan. Hai un banner do DEPUEMPREGO na web provincial con toda a documentación oficial que remiten os municipios á Deputación.

Distribución por Comarcas
Os 24 Concellos que iniciaron os procesos de selección para 71 novos postos de traballo, que financia a Deputación na súa totalidade a través do DEPUEMPREGO, son os que se apuntan a continuación:

Na Mariña son 13 postos de traballo en 6 Concellos: Alfoz, 1 peón e 2 auxiliares administrativos; A Pontenova, 1 chofer e 1 auxiliar administrativo; Riotorto, 1 peón forestal medioambiental e 1 peón de xardinería; O Vicedo, 1 administrativo e 1 peón de servizos múltiples; Xove, 1 coidador; e Trabada, 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico e 1 técnico deportivo.

Na zona Centro son 24 postos de traballo en 6 Concellos: Antas de Ulla, 5 peóns; Begonte, 6 peóns; Meira, 2 peóns; O Páramo, 1 animador sociocultural; Vilalba, 3 peóns de obras públicas, 1 conserxe, 1 técnico superior informático e 1 técnico en administración; e Xermade, 3 peóns da edificación de obras públicas e 1 peón condutor.

Na Montaña son 9 postos de traballo en 4 Concellos: Becerreá, 1 tractorista e 1 enxeñeiro técnico agrícola; Cervantes, 1 peón e 1 tractorista; Folgoso do Courel, 1 peón e 1 animador turístico; e As Nogais, 1 oficial de primeira, 1 peón e 1 licenciado en Humanidades.

Na zona Sur son 22 postos de traballo en 7 Concellos: Bóveda, 2 peóns; Carballedo, 1 informador turístico e 2 peóns de servizos múltiples; Monforte de Lemos, 2 peóns de servizos e 1 auxiliar administrativo; Pantón, 1 peón de mantemento e 1 traballador social; A Pobra do Brollón, 1 técnico medioambiental e 1 peón forestal; Quiroga, 1 electricista, 1 albanel, 1 limpiador, 1 técnico medioambiental, 1 animador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; Taboada, 1 peón de obras, 2 oficiais de primeira e 1 monitor de deportes.

263 empregos con 3 millóns
A Deputación financia un total de 263 postos de traballos nos 66 Concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Faino con 3 millóns de euros do DEPUEMPREGO.  O Goberno decidiu distribuír estes fondos en base a criterios obxectivos: taxa de paro, superficie, entidades de poboación e núcleos poboacionais.

Abadín: pediu 3 peóns. A Deputación asume os custos laborais e de seguridade social destes novos traballadores con 51.470,60 euros do DEPUEMPREGO; Alfoz: 1 peón e 2 auxiliares administrativos. 44.251,35 euros; Antas de Ulla: 5 peóns. 39.438,50 euros; Baleira: 1 peón conductor e 2 peóns de obra. 41.844,92 euros; Baralla: 3 peóns. 39.438,50 euros; Barreiros: 2 peóns. 39.438,50 euros; Becerreá: 1 tractorista e 1 enxeñeiro técnico forestal. 41.844,92; Begonte: 6 peóns. 39.438,50 euros; Bóveda: 2 peóns. 34.625,67 euros; Burela: 2 conserxes, 2 xardineiros e 2 albaneis. 29.812,83 euros; Carballedo: 2 peóns e 1 responsable de información turística. 51.470,59 euros; Castro de Rei: 4 peóns. 58.689,84 euros; Castroverde: 4 peóns. 41.844,92 euros; Cervantes: 1 tractorista e 1 peón. 44.251,34 euros; Cervo: 5 peóns. 37.032,09 euros; O Corgo: 1 peón, 1 palista e 1 oficial de segunda. 49.064,17 euros; Cospeito: 3 peóns. 53.877,01 euros; Chantada: 3 peóns, 2 condutores, 1 palista e 1 albanel. 65.909,09 euros; Folgoso do Courel: 1 peón e 1 técnico de turismo. 32.219,25 euros; A Fonsagrada: 1 auxiliar administrativo, 1 auxiliar de policía local, 1 condutor moto-niveladora, 1 subalterno e 2 peóns. 65.502,67 euros; Foz: 1 administrativo e 1 auxiliar administrativo. 37.032,09 euros; Friol: 4 peóns. 65.909,09 euros; Guitiriz: 2 peóns, 1 conserxe condutor, 1 arquivador e 1 dinamizador socio-cultural. 68.315,51 euros; Guntín: 1 administrativo e 2 peóns. 46.657,75 euros; O Incio: 8 peóns. 41.844,92 euros; Láncara: 4 peóns e 1 monitor de ocio e tempo libre. 46.657,75 euros; Lourenzá: 2 peóns e 1 técnico de turismo. 37.032,09 euros; Meira: 2 peóns. 32.219,25 euros; Mondoñedo: 1 educador social, 1 axente de desenvolvemento turístico, 1 historiador e 1 peón. 41.844,92 euros; Monforte de Lemos: 2 peóns e 1 auxiliar administrativo. 63.502,67 euros; Monterroso: 3 peóns de limpeza, 3 peóns de obra e 1 conserxe. 41.844,92 euros; Muras: 1 orientador, 1 enxeñeiro agrónomo, 1 administrativo, 1 capataz e 1 operario de servizos múltiples. 49.064,17 euros; Navia de Suarna: 1 peón condutor e 1 auxiliar administrativo. 39.438,50 euros; Negueira de Muñiz: 2 peóns. 29.812,83 euros; As Nogais: 1 oficial de primeira, 1 peón e 1 licenciado en Humanidades. 32.219,25 euros; Ourol: 1 electricista, 1 operario condutor e 5 peóns forestais. 53.877,01 euros; Outeiro de Rei: 1 administrativo e 6 operarios. 49.064,17 euros; Palas de Rei: 4 peóns de protección civil, 1 enxeñeiro, 2 auxiliares axuda ao domicilio e 1 peón. 63.502,67; Pantón: 1 peón, 1 traballadora social e 1 técnico informático. 51.470,59 euros; Paradela: 2 peóns. 44.251,35 euros; Páramo: 2 peóns e 1 animador socio cultural. 39.438,59 euros; Pastoriza: 3 peóns. 49.064,17 euros; Pedrafita do Cebreiro: 1 oficial de segunda e 2 peóns. 32.219,25 euros; Pobra do Brollón: 1 técnico de medio ambiente, 1 peón forestal e 1 peón de obra. 39.219,25 euros; Pol: 4 peóns. 39.438,50 euros; A Pontenova: 1 chofer maquinaria e 1 auxiliar administrativo. 34.625,67 euros; Portomarín: 2 peóns de obras, 1 peón de xardinería. 39.438,50 euros; Quiroga: 1 electricista, 2 albaneis, 1 limpador, 1 técnico de medio ambiente, 1 animador socio cultural e 1 auxiliar administrativo. 44.251,34 euros; Rábade: 1 peón especialista e 1 administrador de primeira. 27.406,42 euros; Ribadeo: 1 dinamizador de telecentros, 1 auxiliar administrativo de turismo e albergue, 1 auxiliar administrativo de intervención e 1 bibliotecario. 46.657,75 euros; Ribas de Sil: peóns varios. 32.219,25 euros; Ribeira de Piquín: 3 peóns. 29.812,83 euros; Riotorto: 1 peón forestal medioambiental e 1 peón de xardíns. 34.625,67 euros; Samos: 3 peóns. 39.438,50 euros; Sarria: 1 informático e peóns varios. 65.909,09 euros; O Saviñao: 6 peóns albaneis, 1 limpador e 1 administrativo. 61.096,26 euros; Sober: 2 peóns servicios múltiples, 1 peón pintor, 1 técnico de turismo, 1 auxiliar de viticultura, 1 monitor deportivo e 1 técnico. 53.877,01 euros; Taboada: 1 monitor de deportes, 1 peón de obras e 2 oficiais de primeira. 49.064,17 euros; Trabada: 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico, 1 técnico deportivo e 1 peón. 41.844,92 euros; Triacastela: 3 peóns. 29.819,83 euros; O Valadouro: 5 oficiais de primeira e 1 monitor socio cultural. 49.064,17 euros; O Vicedo: 2 peóns e 1 administrativo. 41.844,92 euros; Vilalba: 3 peóns obras públicas, 1 conserxe, 1 técnico informático administrativo e 1 técnico en administración. 92.379,68 euros; Viveiro: 3 oficiais e 4 peóns. 63.502,67 euros; Xermade: 3 peóns. 51.470,59 euros; Xove: 1 administrativo e 1 coidadora. 37.032,09 euros.