Deputación de Lugo

Máis de 100 persoas participaron este sábado na Xornada de Tendencias da Deputación na Pontenova

- Especialistas en redes sociais; xestores culturais; artesáns; tatuadoras; arquitectos; e xornalistas serán os conferenciantes desta xornada gratuíta que ofrece a Deputación - A Feira de Artesanía reune durante a fin de semana 60 artesáns e anticuarios nacionais e internacionais. Haberá, entre outros, demostracións de oficios tradicionais en vivo e rutas en moto antiga

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e a Primeira Tenente de Alcalde do Concello da Pontenova, Isabel Couto González,            inauguraron este sábado a Xornada de Tendencias: repensar, reciclar, renovar que ten lugar na Casa do Concello durante todo o día. Esta xornada forma parte da programación gratuíta deste ano da X Edición da Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova que ten lugar durante esta fin de semana.

A xornada trátase dun evento no que reputados profesionais dan conta de innovadoras técnicas que se poden aplicar aos oficios tradicionais, conxugando innovación e tradición, co obxectivo de reinventar e potenciar este sector. Inclúe a presentación de innovadores proxectos sobre a transformación do moble, cos que se conseguen pezas únicas. A xornada está aberta a todo público e é de entrada gratuíta.

Durante a fin de semana, estase a celebrar a X Edición da Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova, que reune a máis de 60 artesáns e anticuarios. Terán lugar demostracións de oficios tradicionais en vivo. Haberá menús con prezos vantaxosos nos establecementos da vila. Celebrarase a primeira ruta da moto antiga. O municipio pontenovés garda unha fonda tradición de anticuarios, pois a esta vila acudían anticuarios de toda Europa na procura de pezas rústicas e tradicionais.

Programación da Xornada
- 11:00 horas. Reci-creando: por un mundo máis sustentable. Blanca Arregui presentará o portal de venda online de mobiliario reciclado ARTILUJOS.  Arregui é licenciada en dereito, e conta con varios másters, desenvolveu parte do seu labor profesional no estranxeiro. Actualmente é especialista en en Social Media Management e Redes Sociais, desenvolvendo a súa carreira profesional como autónoma neste campo, compaxinándoo co emprendemento.  A súa preocupación polo cambio climático e o medio ambiente lévanlle a coller as rendas da empresa Artilujos en setembro de 2015, desenvolvendo o seu labor profesional coa sustentabilidade e o traballo de artesáns locais como bandeira.

- 12:00 horas. Tendencias no mundo da reciclaxe creativa. Estará a cargo de Susana Aparicio, artista e xestora,  promotora e directora do Salón Internacional de Reciclaxe e Sustentabilidade. A súa dilatada experiencia profesional á fronte de asociacións, organizacións profesionais e prensa especializada, levouna a crear no ano 2009 o Salón Internacional de Reciclaxe de Arte e Sustentabilidade, máis coñecido como RECICLAMADRID. Motor de novas vías de desenvolvemento, produción e impulso do deseño e a arte a través da aplicación dos valores que convidan a aplicar as 3 R: Reutilizando, Reciclando e Reducindo. Desde esta plataforma organizou numerosas conferencias, exposicións, encontros, workshops, instalacións, performances, cinema, mesas redondas en con a participación e colaboración de Museos,  Concellos, Centros Comerciais  e Universidades de España, Portugal e Italia.
 
- 13:00 horas. Revivindo: unha alma nova para vellos obxectos. Participarán Marcos Ladra, artesán da talla en madeira e restaurador; Ráquel López, artista plástica e tatuadora en Camaleón Tattoo; e Javier Sánchez-Montaña, arquitecto consultor Supp Art Assitant. Amosarán, entre outras moitas cuestións, como levar a arte do tatuaxe ao sector do moble. Exporán unha orixinal peza tatuada en talleres da Pontenova.

O artesán Marcos Ladra é artista da talla en madeira e restaurador, graduado na especialidade de talla, ebanistería artística e moble clásico, pola Escola Superior de Artes Ramón Falcón.  Dende o ano 2014 da man do Estudo de Restauración Parteluz, traballará na restauración do Santuario dá Virxe da Barca, ou Mosteiro de Samos, a Catedral de Santiago, ou Mosteiro de San Clodio de Leiro.

Raquel López artista plástica, é graduada en Artes Aplicadas e Oficios Artísticos na especialidade de Deseño Gráfico, conxuga os seus coñecementos e destrezas nunha serie de obras pictóricas coas que participará en certames internacionais. No seu periplo artístico crúzase cunha linguaxe, novo e antigo, onde ademais da plasmación da beleza, é necesario captar e sacar á luz a necesidade profunda dun ser humano. A tatuaxe. Exerce como tatuadora no seu estudo Camaleón Tattoo, servindo de receptora, catalizadora e depositaria dos anhelos e necesidades dos seus clientes,  e creando coa sensibilidade que lle caracteriza, algo único e intenso.

Javier Sánchez-Montaña é arquitecto consultor, desenvolveu a súa experiencia profesional en obra pública e privada  en despachos de arquitectura tan renombrados como BCA Arquitectura ou Cúbic en Barcelona. Interiorista comercial e visual merchandising pola Escola de Escaparatismo Artidi. Actualmente desenvolve o seu traballo como consultor achegando solucións para o desenvolvemento de actividades vinculadas á Arte, o Deseño e a Artesanía.

- 16:00 horas.  Presentación de pósters. Espazo reservado para a presentación de novos talentos e proxectos de emprendedores.

- 16:30 horas. Descubrindo o sabor do Antiguo con Chus Cano. É  presentadora na canle  Decasa de varios programas, entre eles Reciclarte, no que dá vida a pezas que estaban no esquecemento; Con Material de Derribo, no que nos ensina como con materiais, non convencionais, podemos conseguir pezas decorativas e De Rastros con Chus, no que a podemos acompañar por distintos rastros e mercadillos en busca de tesouros que recuperar. En todos eles realiza, recupera ou transforma pezas que podemos ter ao noso ao redor, grazas a técnicas artesanais tradicionais de restauración, pintura decorativa, etc. Tras o éxito conseguido polos programas que protagoniza en canle Decasa, a restauradora publicou o libro Reciclarte no que dá as claves e os trucos para crear paso a paso algúns dos seus deseños máis queridos.

Demostracións en vivo
Na Casa da Cultura haberá demostracións de oficios tradicionais en vivo en quenda de mañá e de tarde. Para elo, está confirmada a participación de 6 artesáns:

- Cecilia Carballo Castrillón fará unha demostración de tear.
- José Mª Rodil Arruñada de escultura en madeira e de forxa.
- Aurora Rodil de encaixe de bolillos e pintura en tea.
- Michelle Pío Dasilva de labores en tea e ganchillo
- Jesús Iglesias de torno
- Luisa Martínez Vázquez de cestería en mimbre.