Deputación de Lugo

Mañá é o último día para poder acceder aos 298 empregos en toda a provincia, que neste intre ofrece o Goberno da Deputación a lucenses no paro

Imaxe deputación de lugo
- Son 193 postos do “Ben Empregado 3” para traballar en 178 empresas e colectivos sociais lucenses, que recibirán axudas dun total de 2,4 millóns de euros para financiar durante 1 ano os custos laborais dos novos traballadores
- A maiores hai 105 prazas para menores de 30 anos cos primeiros cursos do LUGOWORK, que tamén inclúen, tras a fase formativa, contratos en empresas, que recibirán axudas para os custos laborais cos 2 millóns que o Goberno captou da UE
- Toda a información para inscribirse en www.deputacionlugo.gal

Mañá, venres 3 de febreiro, é o último día para poder acceder aos 298 empregos en toda a provincia, que neste intre ofrece o Goberno da Deputación a lucenses no paro a través de dúas das súas programacións laborais que ten en marcha os 67 Concellos lucenses.

Trátanse:

- por un lado, dos 193 postos do “Ben Empregado 3” para traballar en 178 empresas e entidades sociais lucenses. Estas recibirán axudas dun total de 2,4 millóns de euros do Goberno da Deputación coas que financiar durante 1 ano os custos laborais dos novos traballadores.

- E das 105 prazas para desempregados lucenses menores de 30 anos dos primeiros cursos do LUGOWORK, que tamén inclúen, tras finalizar a fase formativa, contratos en empresas da provincia. Estas tamén recibirán axudas para os custos laborais dos novos e recen formados traballadores, procedentes dos 2 millóns de euros que o Goberno da Deputación captou da Unión Europea para por en marcha este plan de emprego xuvenil.

En www.deputacionlugo.gal está publicada toda a información. Na portada, hai un banner do “Ben Empregado 3” con 193 postos de traballo que se ofrecen e que municipio, así como a documentación necesaria para inscribirse nos mesmos. Esta é necesario entregalo no Rexistro da Deputación ou nos das dependencias administrativas que recolle o artigo 38.4 da Lei 30/1992. Máis información, chamando ao 982-260- 222 ou 982-260-085. Tamén en benempregado2@deputacionlugo.org.

Tamén www.deputacionlugo.gal, hai outro espazo dedicado ao LUGOWORK, coa listaxe dos 7 cursos que se ofrecen, indicando a materia e o lugar de celebración. Ademais, no mesmo espazo web facilitase o acceso ao Rexistro de Garantía Xuvenil, pois é necesario estar inscrito no mesmo para acceder ao curso e logo ao contrato laboral; así como a inscrición on line. Máis información en 982-26-00-88 e 982-26-00-77. Tamén en lugowork@deputacionlugo.org.

“Ben Empregado 3, máis social”

Son 193 postos de traballo en toda a provincia dos do Ben Empregado 3, pois 34 son en empresas e colectivos sen ánimo de lucro de Concellos da Mariña, 40 da Comarca da Terra Chá, 50 na de Lugo, 16 na de Sarria, 3 na da Ulloa, 19 na da Montaña, 28 en Lemos e Chantada, e outros 3 en toda a provincia, pois requiren de mobilidade.

Hai 39 empregos dirixidos, exclusivamente, para persoas con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables (persoas con problemas físicos ou psíquicos, de etnia xitana, mulleres vítimas de violencia de xénero, ex-reclusos ou ex-drogodepentes). Son os postos que solicitaron as 36 empresas seleccionadas, que elixiron a liña de “impulso da igualdade de oportunidades no eido laboral”, que lles ofreceu o Goberno da Deputación. Recibirán o 100% da axuda provincial, que son un máximo de 22.000 euros, cos que financiar todos os custos laborais dos novos traballadores.

Hai outros 126 empregos para parados lucenses en xeral noutras 116 empresas. Estas recibirán o 50% da axuda provincial para financiar os custos laborais, pois, co Ben Empregado 3, o Goberno da Deputación busca potenciar a igualdade de oportunidades e implicar neste fin ás entidades participantes.

Finalmente, ofrécense outros 28 empresas en 26 colectivos sen ánimo de lucro na provincia. Neste caso, o Goberno da Deputación tamén decidiu ofrecerlles o 100% da axuda provincial coa que financiar todos os custos laborais dos novos traballadores co obxectivo de contribuír deste xeito á labor social que desempeñan na provincia estas asociacións sen ánimo de lucro.

LUGOWORK: Formación + contrato

Todos os lucenses no paro menores de 30 anos e inscritos no Rexistro de Garantía Xuvenil pode apuntarse nos seguintes cursos do LUGOWORK, que inclúen logo da formación contratos en empresas da provincia: Auxiliar de Vendas Online e Atención ao Público (celebrarase en Lugo); Axudante de Cociña e Servizo de Restauración (Lugo); Emprego eficiente e uso de maquinaria para o aproveitamento forestal (Viveiro); Aserrado de madeira (A Fonsagrada); Auxiliar de Xestión Informática e Internet para PEMES (Lugo); Traballos auxiliares en obras de rehabilitación e construción (Monforte de Lemos); Operario de obra civil (Lugo). Hai 105 prazas. Son 15 por cada acción formativa.