Deputación de Lugo

O Goberno aproba mañá 1,5 millóns de euros para mellorar servizos públicos no rural dos 67 Concellos

- OPresidente presentou o “Plan de Mellora de Infraestruturas e Equipamentos no MedioRural” con axudas para traídas de auga, accesos e centros socioculturais. Estándirixidas a veciños do rural en xeral, asociacións veciñais e comunidades demontes  - “Trátasedunha programación en defensa da vida no rural e do rural, que busca potenciaro benestar dos veciños e o sector primario. Reivindica a igualdade deoportunidades vivas onde vivas e trata de combater o despoboamento demográfico”- OGoberno elaborou unhas novas bases para ofrecer un anticipo do 95% da axuda eprimar na concesión a necesidade das actuacións, a sustentabilidade dosproxectos, o maior número de beneficiados, especialmente do sector primario, eo despoboamento

O Presidente, Darío Campos Conde, xunto ao Deputado deCooperación cos Concellos, Álvaro Santos Ramos, presentaron este xoves o “Plande Mellora de Infraestruturas e Equipamentos no Medio Rural”. Trátase dunhaprogramación “en defensa da vida no rural e do rural, que busca potenciar obenestar dos veciños e o sector primario coa mellora ou dotación de prestaciónspúblicas imprescindibles. É un plan que reivindica a igualdade de servizos eoportunidades vivas onde vivas, e que trata de combater o despoboamentodemográfico que sofre o rural lugués”, explicou o Presidente.

Está dotado con 1,5 millóns de euros. Diríxese a veciñosdo rural en xeral, asociacións veciñais sen ánimo de lucro e comunidades demontes legalmente constituída, pertencentes a calquera dos 67 Concellos daprovincia. Inclúe axudas en réxime de concorrencia competitiva para 3 liñas deactuación:

1ª.-Mellora do abastecemento e da calidade da auga. Contacon axudas dun máximo de 30.000 euros para a construción de novas traídas deauga; e de 10.000 euros para melloras, acondicionamentos ou ampliacións dasexistentes. “Hai que ter en conta que as traídas de auga son un servizomunicipal básico para o día a día dos veciños, que seguen a ser un déficit enmoito núcleos rurais, aos que non chega a auga en condicións nin aos fogaresnin ás explotacións gandeiras”, subliñou o Campos Conde.

2ª.-Mellora da mobilidade no rural. Contempla axudas dun máximode 12.000 euros para arranxos e sinalizacións de accesos públicos a núcleospoboacionais, explotacións gandeiras, fincas forestais, agrarias ou viñas.

3ª.-Mellora de centros socioculturais e do seu contorno. Contacon axudas dunha contía máxima de 12.000 euros para actuacións en fachadas oucubertas, instalacións eléctricas, sistemas de iluminación, climatización oucalefacción, traballos de albanelería e fontanería, así como de adecuación deaccesos e contornos. “Cómpre destacar que estas instalacións son centros dereunión e xuntanza veciñal en moitas parroquias, onde se celebran numerosasactividades colectivas de toda índole, contribuíndo á dinamización do rural”,apuntou o Presidente.

Prazos

O Executivo da Deputación aprobará mañá as bases do Planen Xunta de Goberno. Posteriormente, como requisito do Goberno Central, estasdeberán publicarse, primeiro, na Base Nacional de Subvencións, e logo, comosempre se fixo, no Boletín Oficial da Provincia. Ao día seguinte da súapublicación no BOP, que previsiblemente será en setembro, abrirase o prazo desolicitude. Este será de 20 días hábiles.

Anticipo do 95% e novos criterios

As bases inclúense dúas grandes novidades. O Goberno daDeputación decidiu ofrecer aos colectivos veciñais, que finalmente resultenbeneficiados, un anticipo do 95% da axuda. “Isto axilizará, en grandemedida, o inicio da execución das obras, contribuíndo a dinamizar a economía ea manter de postos de traballo: os dos autónomos e pequenas empresas queadoitan asumir a realización destas actuacións”, remarcou Campos Conde. OExecutivo elaborou unhas novas bases con criterios totalmente obxectivos“para acadar unha distribución o máis xusta posible”. Este son 5:  

1.-Grao de necesidade. Por exemplo, valorarase con 10puntos, que é a máxima puntuación, non ter traída de auga na actualidade; asampliacións con usuarios residentes nos núcleos rurais ou con explotaciónsgandeiras; as reparacións de captacións que non abastecen durante todo o ano;os arranxos de camiños públicos que sexan os únicos accesos a explotaciónsagrarias ou forestais con un grande número de hectáreas; os arranxos de centrossocioculturais con goteiras ou sen electricidade. Pola contra, valorarase con 2puntos, por exemplo, a construción dun depósito complementario ao existente; osarranxos de accesos a explotacións con menos de 2 hectáreas; ou as reposiciónsde equipamento en centros socioculturais.

2.-Sustentabilidade: Puntuarase positivamenteaos proxectos cuxo custo estea por debaixo do prezo do mercado e descartaranseos que están por riba.

3.-Usuarios beneficiados. Terán maiorpuntuación os proxectos que beneficien a un maior número de usuarios do rural.

4.-Usuarios beneficiados do sector primario. Taménterán maior puntuación os proxectos que beneficien a un maior número deprofesionais deste sector.

5.- Despoboamento.Primaranse os proxectos de núcleos de Concellos de menos de 1.000 habitantesfronte aos de 5.000 ou 10.000.