Deputación de Lugo

A Deputación colabora coa Volta Ciclista a Galicia ao seu paso pola Comarca de Sarria

- O Presidente presentou a rolda autonómica que reuniráa máis de 100 ciclistas de 18 equipos nacionais e internacionais na etapa do 16de setembro ao seu paso por Sarria, Láncara, Triacastela, Paradela, O Páramo,Samos e O Incio- Oorganismo provincial colabora con 10.000 euros, que “é un investimento na provincia,pois a Volta reúne por etapa a máis de 300 persoas, facendo que o retornoeconómico estimado, segundo anteriores convocatorias, sexa duns 28.000 euros”

O Presidente da Deputación,Darío Campos Conde, presentou este venres en Sarria a Volta Ciclista a Galicia para corredores Elite e Sub23, que na súa décimo quintaedición percorrerá 7 Concellos da Comarca sarriana: Sarria, Láncara,Triacastela, Paradela, O Páramo, Samos e O Incio. No acto participaron oDeputado de Deportes, Pablo Rivera Capón; a Deputada de Medio Ambiente,Sonsoles López Izquierdo; a Alcaldesa de Sarria, Pilar López, o Presidente daFederación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; así como o exciclistaprofesional galego Ezequiel Mosquera, entre outras autoridades.

A proba deportiva terá lugardo 14 ao 18 de setembro e contará con cinco etapas. Será o venres 16 cando acaravana da rolda autonómica se desprace ata terras lucenses. O organismoprovincial colabora coa celebración deste evento con 10.000 euros.

Campos Conde sinalou que “enLugo existe unha forte tradición ciclista. Contamos con 34 clubs no conxunto daprovincia e preto de 750 licencias federativas. En apoio aos profesionais eafeccionados ao ciclismo, non dubidamos en colaborar coa Volta Ciclista aGalicia. Entendemos ademais que, xunto á súa importancia deportiva, esta citacontribúe á promoción e á dinamización da economía da nosa provincia”.

“Tendo en conta só aoscorredores e membros dos equipos, a Volta a Galicia reúne por etapa a un mínimode 300 persoas. A eles súmanse un grande número de espectadores, facendo,conxuntamente, que o retorno económico estimado por etapa, segundo datos deanteriores convocatorias, sexa dun mínimo de 28.000 euros. Este evento,puntuable para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo, contará coaparticipación de formacións de todo o territorio galego e español, ademais devarios equipos do noso país veciño: Portugal. A Volta a Galicia terá ademaisunha ampla cobertura nos medios de comunicación. Con estes datos oficiais, entendemosque a colaboración da Deputación con esta cita, que é de 10.000 euros, é uninvestimento na provincia. Recentemente, colaboramos coa Volta a España,promocionando a Mariña e as zonas Centro e Sur da nosa provincia. Agora,tócalle á Comarca sarriana”.

Etapa pola Comarca de Sarria

A terceira etapa da Volta aGalicia terá como punto de saída a Rúa Padre Sarmiento de Sarria, vila chavepara as comunicacións da Comarca e para os peregrinos do Camiño Francés, quetivo moito que ver no seu desenvolvemento, atravesando toda a comarca de lestea oeste. A rolda partirá en dirección Oural, pasando por monumentos históricoscomo a igrexa de Santa María de Goo, para continuar por Samos, coñecidofundamentalmente polo Mosteiro de San Xulián.

Continuando co percorrido, naestrada entre Samos e Triacastela pasarase pola Casa Forte de Lusío,edificación do século XVI e lugar de nacemento do matemático Vázquez Queipo. Triacasteladestaca polo seu carácter xacobeo e pola súa infraestrutura de acollida aoperegrino. Dende esta localidade, os corredores dirixiranse a Láncara parapasar logo por Maceda, lugar relevante no eido da gastronomía lucense, quedestaca pola súa repostería tradicional de renomedado prestixio.

Superado o ecuador da etapa,a volta pasará por A Fervenza, en pleno corazón da Reserva da Biosfera Terrasdo Miño, e Lugar de Neira, antes de chegar ao Páramo. Duranteo percorrido entre esta localidade e Paradela pasarase pola igrexa de San Xoande Friolfe, que conserva vestixios da primitiva fábrica románica.

Os últimosquilómetros da etapa transcorrerán por Paradela, nas proximidades de varioslugares de interese como o río Loio, o Mirador de Cabodevila, ou o antigomosteiro de San Facundo de Ribas de Miño, fundado no século XII, ata chegar denovo a Sarria, onde estará situada a liña de meta.

18 equipos participantes

Na liña de saída da súadecimoquinta edición estarán todos os equipos galegos xunto a unha boarepresentación das mellores formacións do resto da península ibérica. En total,dezaoito estruturas Elite e Sub23 confirmaron a súa presenza nunha rolda quesete ano despois volverá contar con cinco etapas.

A nómina de conxuntos galegosestará formada por: Muchas–Carnes Parente, Autronic-Club Ciclista Vigués,Cambre-Renault Caeiro, Club Ciclista Rías Baixas, Padronés-Aluminios Cortizo,Spol-Concello de Porriño, Supermercados Froiz e Team Guerciotti. Xunto ao AMPO vasco estarán os asturianosKuota-Construcciones Paulino e Ciudad de Oviedo-Tartiere Auto; os madrileños doRH Polartec-Fundación Contador, Pizzería Española, e E.C. Cartucho.es-Magro; aestructura cántabra do Gomur-Liebana2017-Ferroatlántica; e a extremeña do BicicletasRodríguez Extremadura.

O carácter internacional desta rolda outorgaranllodúas formacións do puxante ciclismo portugués. O Liberty Seguros-Carglass e oMoreira Congelados-Feira-Bicicletas Andrade encargaranse de defender o pavillónluso.