Deputación de Lugo

A Deputación celebra con máis de 50 membros da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental na Mariña o Día Mundial da Saúde Mental

- O Vicepresidente apostou por “centrar os nosos esforzos en todo o que nos une, que é moito, e non nas pequenas diferenzas que particularmente teña cadaquén, pois se non apartamos estes matices non poderemos medrar en colectivo” -En España, calcúlase que preto dun millón de persoas teñen algún problema de saúde mental; e que hai cerca de 9 millóns de persoas que son susceptibles de sufrila - A Deputación colabora coa edición de Agarimo, unha revista elaborada polos mozos e mozas da Asociación Mariñana e que se edita xa por 15ª vez - O Presidente recibiu aos integrantes da asociación e recoñeceu a grande labor que os profesionais e membros na normalización e visibilización deste tipo de enfermidades

O Vicepresidente, Álvaro Santos Ramos, acompañado de máis de 50 membros da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental na Mariña, presentou AGARIMO, unha revista elaborada polas persoas que integran esta asociación, en colaboración coa Deputación, co gallo do Día Mundial da Saúde Mental, que se conmemora hoxe, 10 de outubro.

O Presidente, Darío Campos Conde, recibiu tamén aos mozos e mozas do colectivo e destacou a “enorme labor que realizan para dar visibilidade a este tipo de doenzas mentais”.

No acto tamén participaron a Presidenta da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña”, María Iris Castro Meitín; e a Directora Técnica Xeral, María José Novoa Rodríguez; así como un representante do CRPL de Burela,  Jorge Machado Rivero; un do CRPL de Ribadeo; Miguel Villarino Mencía, e unha da Unidade Residencial de Cervo, Rebeca Rodríguez Rivas.

Santos Ramos subliñou que “hoxe conmemoramos o Día Mundial da Saúde Mental, unha doenza que cando aparece, cambia por completo a vida das persoas que a sofren, mais tamén de todos os seus seres queridos; así como para presentar unha nova edición da revista AGARIMO, unha publicación chea de agarimo e ilusión”.

O Vicepresidente apostou por “centrar os nosos esforzos en todo o que nos une, que é moito, e non nas pequenas diferenzas que particularmente teña cadaquén, pois se non apartamos estes matices, non poderemos medar en colectivo”.

Neste senso, o Vicepresidente destacou que en España, calcúlase que ao redor do 3% da poboación, é dicir, preto dun millón de persoas, teñen algún problema de saúde mental, como esquizofrenia ou trastornos bipolares; e que hai cerca de 9 millóns de persoas que, potencialmente, poden sufrir unha estas doenzas.

Unha Deputación social
A Deputación colabora activamente cos colectivos sociais da provincia, pese a non ter as competencias lexislativas directas sobre este tema. Así, o organismo provincial achega 16.000 euros, para o servizo de Intermediación laboral, co que se financia contratación dun técnico de emprego. Grazas a este servizo, no ano 2015, producíronse un total de 57 insercións laborais, e a contratación de 34 persoas.

Ademais, a través da TIC da Deputación que ten realizado numerosos traballos audiovisuais para apoiar as iniciativas deste colectivo, sempre dirixidas a mellorar a calidade de vida e a integración sociolaboral das persoas con enfermidade mental. O Vicepresidente informou tamén que a fachada do Pazo de San Marcos tinguirase esta noite de cor laranxa, a cor que representa as enfermidades mentais.