Deputación de Lugo

Primeiro encontro do CB Breogán con estudantes lucenses no IES Ánxel Fole, promovido pola Deputación

- Os xogadores celestes Matthew Stainbrook e Aaron Geramipoor
mantiveron unha charla en inglés cos rapaces do centro educativo, que tiveron a
oportunidade de realizarlles numerosas preguntas- Esta
iniciativa enmárcase dentro do contrato de patrocinio que o CB Breogán e a
Deputación asinaron para a promoción da provincia e o impulso da integración
social, igualdade, solidariedade, compañeirismo ou superación a través do
baloncesto

O CB Breogán levou a caboeste mércores unha nova actividade formativa enmarcada dentro do contrato depatrocinio que a entidade celeste asinou co organismo provincial. Os xogadores MatthewStainbrook e Aaron Geramipoor acudiron, acompañados polo Deputado de Deportes,Pablo Rivera Capón, ao IES Ánxel Fole de Lugo. Alí, os integrantes da plantillado CB Breogán mantiveron unha charla en inglés cos rapaces do centro educativo,que tiveron a oportunidade de realizarlles numerosas preguntas e desfrutardunha clase diferente ás habituais. Ademais, os xogadores repartiron entradaspara o próximo encontro do club celeste no Pazo dos Deportes ante o Lleida, queterá lugar o día 3 de febreiro.

No que resta de tempada, oclub lucense realizará numerosas visitas a centros de ensino, asociaciónsdeportivas e culturais, entidades sen ánimo de lucro, centros de menores,etcétera, de toda a provincia, coa presenza de xogadores e técnicos nas que seimpartirá unha charla-coloquio sobre temas relacionados cos hábitos de vidasaudables, a práctica da actividade físico-deportiva ou o baloncesto comoelemento de inclusión social. 

Próximosencontros programados

Este xoves, os xogadorescelestes Josep Franch e Jonathan Gilling, visitarán o CEIP Manuel Mallo Mallode Nadela, onde impartirán unha charla sobre hábitos de vida saudables aos 128alumnos do centro educativo. A próxima actividade formativa programada levarasea cabo o martes 31 deste mes, coa visita ao Colexio Nosa Señora da Asunción deSarria. En ambas visitas tamén se fará entrega a alumnos, mestres e pais deentradas para o partido que o Club de Baloncesto Breogán disputará no Pazo anteo Lleida.

Contratode patrocinio

A Deputación e o CB Breogánacordaron impulsar o fomento de valores sociais a través do deporte. Para iso,cederanse gratis 15.000 entradas aos partidos do Breogán a colexios públicos,asociacións sen ánimo e colectivos de persoas con capacidades diferentes daprovincia; haberá visitas guiadas aos adestramentos do Breogán, que tamén selevarán a distintos lugares públicos do rural lugués; organizaranse actividadessociais como visitas dos xogadores aos colexios, centros de maiores, centros desaúde, hospitais, especialmente, ás unidades onde hai nenos...; haberá partidoscon fins benéficos, nos que se recadarán fondos para colectivos sociais; asícomo encontros mixtos con xogadoras da provincia; celebraranse charlas sobre odeporte como elemento de inclusión social... O equipo participara de xeitoactivo en campañas contra a violencia de xénero, loita contra o cancro, díassolidarios ou de conmemoración, etcétera.