Deputación de Lugo

23 estudantes de Educación Infantil participaron este luns no obradoiro sobre a educación dos sentimentos da Deputación

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, participou este luns no obradoiro A Educación dos Sentimentos Estéticos, a Didáctica da RMP que tivo lugar no Museo Provincial de Lugo, dirixido a 23 alumnos que están a estudar o Grao de Mestre de Educación Infantil na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo. Durante a xornada puideron coñecer o traballo que realizan os integrantes do Fotografía: A Cegas da Deputación e compartir experiencias.