López Izquierdo e xogadores do CD Lugo manteñen un encontro cos usuarios de ASPNAIS

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, xunto a xogadores e parte do equipo técnico do C.D. Lugo mantiveron este luns un encontro con usuarios de ASPNAIS, nas instalacións desta asociación. Trátase dunha iniciativa incluída dentro do contrato de patrocinio posto en marcha entre o organismo provincial e o club albivermello.