Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos acolle o coloquio Así soaba a prodixiosa en Lugo que repasa a historia do C.B. Breogán

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, participou este mércores no coloquio Así soaba a prodixiosa en Lugo que tivo lugar na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos. Nesta charla, os xornalistas lucenses Paco Nieto e Paco Basanta repasaron a historia do C.B. Breogán a través de fotografías e pezas sonoras de arquivo. Esta actividade organizada polo Goberno da Deputación e o CB Breogán, enmárcase dentro do contrato de patrocinio asinado por ambas entidades.