Deputación de Lugo

O Goberno da Deputación promove o XV Castañazo Rock en Chantada no que participarán 10.000 persoas

- Os grupos que actuarán nesta XV edición son, o venres día 10; Green Valley, Gatillazo, El último ke Zierre, Chotokoeu, Sons of Aguirre, The Skarnivals, e o sábado día 11: Riot Propaganda, Zoo, Terbutalina, Mafalda, Rastreros e Arrhythmia
- García Porto subliñou que esta cita “é unha boa oportunidade para descubrir os atractivos turísticos da Comarca de Lemos, e percorrer o seu extenso patrimonio artístico e cultural, destacando ademais a súa variada gama vitivinícola”
- Na xornada do sábado haberá Castañazo Infantil, Cantos de Taberna, Xogos Bravús, Magosto, e ás 20:00 horas comezarán os concertos no Mercado Gandeiro do municipio
- Para os visitantes que desexen quedarse de acampada gratuíta en Chantada a organización ten pon a súa disposición, os pavillóns do IES Val do Asma e CEIP Eloisa Ribadulla, o IES Lamas das Quendas e o CEIP Xoán Requeixo

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, e o Presidente da Asociación Cultural O Castañazo, Iban Gómez, presentaron este xoves nas adegas Amoedo de Chantada a XV edición do Castañazo Rock que organiza esta Asociación, e que terá lugar no mercado gandeiro de Chantada os días 10 e 11 de novembro. O organismo provincial achega unha axuda económica de 6.000 euros para a celebración deste festival de música rock. Ao acto tamén asistiron o Concelleiro de Cultura de Chantada, Manuel Diéguez, así como outros membros da corporación.

A Deputada remarcou que con este evento musical “contribuímos a dinamizar a Comarca da man de asociación locais que impulsan de xeito significativo o turismo nesta zona da provincia, ao mesmo tempo que se ofrecen actividades lúdico-culturais alternativas coa actuación destes doce grupos”.

García Porto avanzou ademais que esta cita “é unha boa oportunidade para descubrir os atractivos turísticos da Comarca de Lemos, e percorrer o seu extenso patrimonio artístico e cultural, destacando ademais a súa variada gama vitivinícola”, sinalou.

Iban Gómez, Presidente da Asociación Cultural O Castañazo, agradeceu a colaboración do organismo provincial, e avanzou que nesta XV edición haberá dous días de Castañazo para ofrecer máis diversidade musical. “Nesta nova edición, á que asistirán máis de 10.000 persoas, apostamos por dous días de Castañazo porque queremos medrar e non temos dúbida de que así o conseguiremos. Iso si, sen perder a esencia que nos caracteriza, e avanzando para consolidarnos como festival de referencia en Galicia”.

Ademais explicou que a programación contén outras actividades complementarias como o Castañazo Infantil, Cantos de Taberna, Xogos Bravús ou o Magosto.

O prezo das entradas para un día é de 20 euros anticipada, e o bono para dous días é de 32 euros. Pódense adquirir na www.castanhazo.com, en calquera oficina de correos, ou nos puntos físicos habilitados. A Asociación organizadora habilitará autobuses para poder asistir ao festival, desde algunhas das principais cidades de Galicia. Deste xeito, haberá rutas desde Lugo, Vigo, Santiago, Ourense e Coruña. Os billetes poden mercarse a través da plataforma Festymas, coa que debe contactar a xente interesada.

Acampada gratuíta

Para os visitantes que desexen quedarse de acampada gratuíta en Chantada a organización ten pon a súa disposición, os pavillóns do IES Val do Asma e CEIP Eloisa Ribadulla, o IES Lamas das Quendas e o CEIP Xoan Requeixo.

Castaño infantil, Cantos de Taberna, Xogos e Magosto

A XV edición do Castañazo Rock celebrara o sábado día 11 as seguintes actividades:

- Castañazo Infantil arrancará na Praza do Cantón ás 12:00 horas. Os máis pequenos terán tamén a súa importante dose de protagonismo. Nesta edición destacan os espectáculos de Brais das Hortas e Peter Punk que ofrecerán un Concerto Punkinfantil.

- VIII Edición dos Cantos de Taberna comezará ás 15:00 horas, na Praza Santa Ana. Os bares do centro co Concello de Chantada acollerán aos grupos do concurso de Cantos de Taberna, cita xa ineludible e inseparable deste festival outonal. Este ano participan 10 establecementos e haberá 2 rutas con 5 bares cada unha. As bases do concurso poden consultarse na http://www.castanhazo.com/.

- Os Xogos Bravús no Mercado Gandeiro de Chantada, durante toda a tarde. A punta imposible, debullamento de millo ou lanzamento de ourizos son algunha das probas desta edición. E por último ás 20:00 horas magosto popular no Mercado Gandeiro.

Programación

Venres, día 10 de novembro

A apertura de portas será ás 20:00 horas, os grupos que actuarán son os seguintes:

Green Valley. É unha das bandas máis recoñecidas na música reggae roots do panorama nacional, coas súas cancións tentan reivindicar as inxustizas sociais e ao mesmo tempo enviar unha mensaxe positiva por todo o mundo.

Gatillazo. Procedentes de Salvatierra (Álava), fórmano ex-compeñentes de La Polla Récords, o seu último traballo reeditado no 2016, titulase “Como converterse en nada”.

El último ke zierre. É un dos grupos esenciais do punk rock español dende que se fundou a finais de 1987 en Castellón, contan con 18 traballos discográficos editados ao longo da súa carreira.

Chotokoeu. Este proxecto formouse na Coruña no ano 2007, impulsado por Manu Clavijo. Na súas composicións hai mezcla de estilos con ska, folk, dubsten, balkan, ou swing.

Sons of Aguirre. Definense como grupo de rap político, formado por WillyLET e MC Endesa. As súas letras son unha burla e critica satírica sobre o capitalismo, burguesía ou o machismo..

The Skarnivals. Banda de ska, punk, folk galego nada no ano 2009 baixo o nome de Skakeo. Din que fan directos cargados de enerxía que conflúen cun estilo persoal e reivindicativo.

Sábado, día 11 de novembro

Riot Propaganda. Grupo de rapcore político formado pola unión dos Chikos del Maíz e Hábeas Corpus, aos que tamén se uniu o DJ Plan B1​. A música de Riot Propaganda é unha hibridación dos seus compoñentes, dando lugar a letras que combinan coas guitarras eléctricas.

Zoo. Naceu no ano 2014 en Gandia (Valencia), e centrase entre o rap, o rock e ska, así como a mestura de ritmos electrónicos. As súas letras das cancións tratan cuestións políticas e sociais de actualidade.

Terbulatina. Banda galega nacida en 2010 entre Muros e Esteiro (A Coruña). O seu é mesturar punk e garaxe para confeccionar cortes frenéticos armados cunha sección rítmica atronadora. Eles falan de gastropunk, e recoñecen como influencias a grupos como Dead Kennedys, The Sonics, The Cramps, Oblivians ou Sinistro Total.

Mafalda. A banda levará o seu particular reggaecore (estilo que fusiona ska, reggae, funk e hardcore, que eles mesmos bautizaron así) e que forma parte do seu último traballo, La última vez que te escucho.

Rastreros. Rock bravú en estado puro. Este grupo local remóntase ao ano 89 cando catro mozos procedentes das aldeas de Viana, Esmoriz, Camporramiro e de Chantada, coinciden no bar chantadino, Miño. Alí prodúcese a fusión das formacións A Palla Cubana e Rozando Nos Toxos (RNT) con Xesús López Exposito Heléctrico (voz), Marcos Sánchez López Killo (guitarra), Xulio López Viana Xullo (baixo) e Xoán Camilo Gómez Hermida Richi (batería). O concerto no Castañazo é un reencontro co seu público máis fiel.

Arrhythmia. Banda de Lugo que levará a Chantada o seu metal, aquí confirmarán a súa condición coma unha das revelacións do panorama musical galego dos derradeiros anos.