Chantada, O Saviñao e Taboada acollerán do 25 ao 27 de maio o Sacra Festival.org no que colabora a Deputación
O evento terá lugar do 25 ao 27 de maio en distintos escenarios, espazos naturais e outros plenamente integrados na paisaxe como casas abandonadas ou igrexas situas no medio da Ribeira Sacra do Miño. Trátase dunha cita multifacética e integral que ofrecerá unha programación moi variada, que inclúe artes escénicas, exposicións, mesas redondas, artes plásticas e visuais... contaremos con máis de 11 grupos de artistas de diferentes disciplinas, explicou García Porto.
Carlota Pérez indicou que o festival naceu hai dous anos como encontro itinerante, e destacou que se mantén a súa vocación de inclusión social. Tamén avanzou que a cultura do viño terá un papel relevante neste festival, no que a maior parte dos espectáculos celebraránse en espazos naturais. Os espazos elixidos son o antigo Campo da Feira de Cantada, a praia fluvial de Montemourulle, a praia da Coba, o entorno de Belesar, a adeba Abadía da Coba, a igrexa de Santo Estebo de Rivas de Miño e o bosque de Boan. A festa do festival une gastronomía, viños da zona e música e terá lugar nuha casa rural, así como as catas de viño.
Os artistas traballarán no espazo natural previamente elixido. O programa conta coa participación de artistas como Rebeca Ponte, Victor Duplá, Rebeca Jiménez, Óscar Ramone, a Banda de Chantada e Leo Rodríguez, entre outros. Tamén haberá obradoiros de danza prehispánica, de danza na natureza, de fotografía, de pintura e títeres para nenos na natureza.