Deputación de Lugo

Lugo acolle a final da Olimpiada Matemática na que participarán 500 alumnos de 2º ESO de 100 centros de Galicia

- O certame está organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (Agapema). A provincia de Lugo estará representada por 50 alumnos de 14 centros educativos da provincia, e conta cun investimento de 1.500 euros- Está dirixido a estimular a reflexión e a creatividade na resolución de problemas de matemáticas. O 24 de maio disputarase a final galega en Lugo, e os vencedores acudirán á final española en Valencia con todos os gastos pagados 

O Deputado de Mocidade, Pablo Rivera Capón, presentou este martes a Olimpiada Matemática para alumnos de 2º ESO, que conta cun investimento da Deputación de 1.500 euros, sendo a única administración que colabora con esta iniciativa educativa. Nesta cita participarán 500 alumnos de 2º ESO de 100 centros educativos de toda Galicia. O certame está organizado pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (Agapema), e está dirixido a estimular a reflexión e a creatividade na resolución de problemas de matemáticas. Nesto acto estivo acompañado por Manuel Vilariño e Victor Pollán do colectivo Agapema.

Rivera Capón remarcou “a necesidade de promover propostas que incidan na mellora educativa dos nosos escolares como é o caso desta Olimpiada. Nesta edición, a provincia de Lugo está representada por 50 alumnos de 14 centros educativos. Ademais o vindeiro 24 de maio disputarase a final galega en Lugo, e os gañadores acudirán a Valencia, para disputar a final nacional, con todos os gastos pagados”.Na pasada edición, a Olimpiada Galega Matemática gañárona dous lucenses.

Nesta 19ª edición, a Olimpíada Matemática Galega 2º de ESO está dirixida a todo o alumnado do 2º curso da ESO dos centros públicos e privados de Galicia. Cada Centro pode presentar á Fase de Zona dous participantes por cada unha das súas unidades (grupos-clase) de 2º da ESO.

Bases da Olimpiada Matemática 2018 para alumnos de 2º ESO

  1. Participantes: Pode participar todo o alumnado dos centros educativos de Galicia matriculados en 2º da ESO no curso escolar 2017/18. A efectos territoriais distínguense sete zonas: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

Nesta súa 19ª edición, a Olimpiada Matemática Galega 2º de ESO está dirixida a todo o alumnado do 2º curso da ESO dos centros públicos e privados de Galicia. Cada Centro pode presentar á Fase de Zona dous participantes por cada unha das súas unidades (grupos-clase) de 2º da ESO. Este ano como novidade e co obxecto de simplificar o proceso, elimínase a inscrición previa dos centros, establecéndose un único período de inscrición para centros e alumnado.

A comunicación cos participantes realizaráse, salvo que se indique o contrario na inscrición, a través do correo electrónico. Para calquera comunicación coa organización utilizar o correo electrónico olimpiada@agapema.org.

  1. Comité Coordinador: está constituído por membros de AGAPEMA.
  1. Fases da Olimpíada: A Olimpíada constará de tres fases

3.1 Fase de Centro: Esta fase ten lugar en cada Centro que debe poñer en marcha, entre o seu alumnado, todo o proceso de adestramento na Resolución de Problemas tanto a nivel individual como colectivo e, ao remate do mesmo, enviar á Fase de Zona como máximo dous representantes por cada grupo de 2º da ESO.

3.2 Fase de Zona: Cada Centro participará no lugar que designe a organización en función do número de participantes, procurando que os desprazamentos sexan o máis reducidos posible.

Terá lugar o xoves, día 26 de abril, ás 10:30 h en todas as sedes (sempre que haxa un número mínimo de 5 centros inscritos na sede correspondente, no caso contrario indicaráselles a zona pola que poden participar). O lugar comunicaráselles oportunamente aos centros participantes.

A proba consistirá na resolución individual de CINCO problemas, os mesmos en todas as zonas. Na valoración dos problemas primará o método de resolución empregado, a súa orixinalidade, etc, por enriba da mera solución.

Os participantes aportarán o material que consideren necesario na resolución das probas (bolis, calculadora, regras, ...), xa que só se lles facilitará papel DIN-A4. Os gastos de desprazamento correrán a cargo dos participantes.

3.3 Fase Final Galega: O obxectivo desta xornada é ter un día de convivencia e realizar as probas individuais xunto con actividades de carácter máis lúdico. A esta fase final acudirán 40 participantes seleccionados na Fase de Zona, correspondéndolle a cada unha un número de prazas proporcional ó número de participantes presentados en total.

Esta Fase terá lugar o xoves 24 de maio na cidade de Lugo. O Xurado da Fase Final encargarase da valoración das probas e designará os gañadores. Os gastos de desprazamento para participar na Fase Final Galega correrán a cargo dos participantes.

Entregarase un diploma acreditativo a todos os participantes da Fase de Zona e da Fase Final Galega. Os tres participantes individuais con maior destreza na resolución de problemas teñen a opción de participar na final da OLIMPIADA MATEMÁTICA ESPAÑOLA 2018 que terá lugar en Valencia a finais do mes de xuño. Á devandita final os participantes irán acompañados por unha persoa da organización.

Os gastos de desprazamento e estancia na Fase Nacional dos alumnos e alumnas da nosa Comunidade que resulten seleccionados correrán a cargo da organización.

Sedes dos exames

Lugo: Círculo das Artes

Ferrol: IES Canido

Ourense: CFR (centro de formación e recursos)

Santiago: Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur)

Coruña: IES Otero Pedrayo

Pontevedra: IES A Xunqueira I

Vigo: IES O Castro

Centros participantes

Lugo; IES Ánxel Fole; IES Enrique Muruais; IES Lucus Augusti; CPI Luís Díaz Moreno; Colexio Maristas A Inmaculada; IES Muralla Romana; IES Perdouro; IES Río Cabe; IES Plurilingüe San Rosendo De Mondoñedo; IES Santiago Basanta Silva; IES Sanxillao; CPI Tino Grandío; IES Xoán Montes.

Ferrol; IES Canido; Colexio Sagrado Corazón Mercedarias; CPI As Mirandas; IES Mugardos; IES As Telleiras; IES Terra de Trasancos; CPI A Xunqueira.

Ourense; IES Castro de Baronceli; CPR Divina Pastora Ourense; IES As Lagoas; IES Lauro Olmo; Colexio María Auxiliadora Salesianos; Colexio Maristas Santa María; IES Martaguisela; IES nº 1 do Carballiño; IES Otero Pedraio; Colexio Plurilingüe San José – Josefinas; CPI Terras de Maside.

Santiago; IES Plurilingüe A Cachada; IES de Ames; IES Arcebispo Xelmírez; IES Cacheiras; CPI Cernadas de Castro; CPI dos Dices; Colexio Manuel Peleteiro; IES Maruxa Mallo; IES nº1 de Ordes; CPR Ntra. Sra. de los Remedios; CPR Ntra. Sra. del Rosario (Atocha); IES Plurilingüe Pedra da Aguia; IES Plurilingüe Rosalía de Castro; Colexio San Jose de Cluny; IES de Valga; CPI Viaño Pequeno

Coruña; IES Agra do Orzán; IES Afonso X O Sabio; CPR La Grande Obra de Atocha; Colegio Internacional Eiris; IES Maximino Romero de Lema; Colegio Montespiño; Colegio Peñarredonda; CPR Plurilingüe Liceo La Paz; CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen; IES Ramón Otero Pedrayo; Colexio Salesianos San Juan bosco; IES Salvador de Madariaga; IES A Sardiñeira

Pontevedra; Colexio Plurilingüe Abrente; IES Plurilingüe Aquis Celenis; CPR Plurilingüe Calasancio; IES Castro Alobre; IES Faro das Lúas; IES Gonzalo Torrente Ballester; CPI Manuel Padín Truiteiro; IES Mendiño; CPR Sagrada Familia Filipenses; Colexio Sagrado Corazón de Jesús; Colegio Sagrado Corazón – Placeres; CPR Salvador Moreno; CPR San Fermin; IES de Sanxenxo; Colegio Internacional SEK-Atlántico; CPI do Toural; IES Valle Inclán.

Vigo; IES A Sangriña; IES Alexandre Bóveda; IES Auga da Laxe; IES Castelao; IES do Castro; IES Coruxo; IES Álvaro Cunqueiro; IES do Barral; IES As Barxas; CPR Plurilingüe Casa de la Virgen; Colexio Mª Inmaculada (Carmelitas); CPI de Mondariz; Colexio Plurilingüe Niño Jesús de Praga;IES Politécnico de Vigo; IES Primeiro de Marzo; IES Rosais 2; Escola Rosalía de Castro; Colegio San José de Cluny; IES San Tomé de Freixeiro; IES Santa Irene; IES Val Miñor; IES Valadares.