Deputación de Lugo

Gómez Besteiro presenta as futuras liñas en materia agrogandeira e forestal da Deputación a unha Delegación do PSE no Parlamento Europeo

Unha delegación da Cámara Europea visitou a Granxa Gayoso Castro e foi recibida no Pazo de San Marcos

O Presidente provincial destacou que a reorientación das políticas da Deputación fixo posible a captación de 20,6 millóns de euros de fondos europeos A Vicepresidenta da Comisión de Pesca dixo que se elexiu Lugo para esta visita pola importancia do sector agrogandeiro O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este xoves as futuras liñas en materia agrogandeira e forestal da institución provincial a unha Delegación do Partido Socialista no Parlamento Europeo, que visitou as instalacións da Granxa Gayoso Castro. Logo de que a comitiva fose recibida no Pazo de San Marcos, Gómez Besteiro lembrou que a reorientación das políticas da Deputación fixo posible captar 20,6 millóns de euros de fondos europeos correspondentes a catro proxectos europeos concedidos que suman un total duns 34 millóns de euros, dos que a Unión Europea achegará 20,6 millóns. “Hace aproximadamente 6 meses presentamos una oferta de proyectos al Ministerio para obtener financiación europea. En aquel día entramos en una senda de ser competitivos y de luchar por los fondos, por eso presentamos estos proyectos sin complejos.” O máximo mandatario provincial destacou que a visita realizada polos europarlamentarios se enmarca dentro da nova filosofía da Deputación de abrir a institución á cidadanía e de colaborar con outras administracións. Gómez Besteiro dixo que a Delegación encabezada pola Vicepresidenta da Comisión de Pesca, Rosa Miguélez, “se incluye dentro de estas nuevas relaciones. Les trasladamos cuáles son los proyectos europeos para que vean hacia donde nos dirigimos en el campo de la agricultura y la ganadería, así como nuestros planes de futuro tanto de la Granja Gayoso Castro como en el área de la pesca, de la caza, donde el Pazo de Tor tendrá un papel importante y en el campo forestal. A partir de ahora iniciaremos unas relaciones pensando en lo importante que es esta provincia. Gracias a Europa y al Gobierno Central esta provincia volverá a estar en el punto central del Noroeste Peninsular como hace 2.000 años”. Pola súa banda, a Vicepresidenta da Comisión de Pesca, Rosa Miguélez, subraiou que a visita da Comisión a Lugo se debe a que Lugo é unha provincia na que o sector gandeiro ten unha especial importancia, e que se verá afectada pola reforma da política agrícola común que nestes momentos se está debatendo no Parlamento Europeo. “La cuota láctea va a ser reformada y lo que hemos pedido en este sentido es un aterrizaje suave para la eventual desaparición que está prevista para 2015. Hemos elegido Lugo debido a la presencia que tiene la agricultura aquí y a la necesidad de nuestro apoyo para defender estas características”. Asimesmo, Miguélez destacou que “el esfuerzo que está realizando la Diputación Provincial para que el campo recupere un papel protagonista es evidente. Nosotros tenemos una especial preocupación para que el campo europeo no se despueble. Creemos que son necesarios esfuerzos para que se produzca un desarrollo rural armónico capaz de dar soporte a las personas que quieran vivir en el rural y reducir el éxodo del campo a la ciudad. Ese crecimiento desigual que ha experimentado Galicia en los últimos años, la costa frente al interior, debe romperse”. Os catros proxectos concedidos son o Innova-TE, destinado ás novas tecnoloxías e promovido polo INLUDES, Lug02, que persegue impulsar ós espazos naturais para converter ó medio ambiente nunha oportunidade económico, Lugo-Pacto Provincial polo Emprego, que ten por obxectivo a promoción do emprego, sobre todo entre os colectivos con máis dificultuades de inserción labora,l e o Plan Urban, destinado á revitalización do centro histórico do Concello de Lugo, e no que organismo provincial ten unha parte activa coa aportación de tres millóns de euros. “Nuestra apuesta se basa en el medio ambiente a través del reconocimiento de Reservas de la Biosfera, de tal forma que esta provincia pueda significar para fuera de Galicia lo mejor de esta Comunidad en clave medioambiental, pero también hacemos una apuesta en clave de nuevas tecnologías. Creemos que esta es una forma de luchar contra el despoblamiento y la dispersión geográfica de la provincia”, indicou Gómez Besteiro. Visita Granxa Gayoso Castro e recepción oficial Previamente, a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Deputado de Gandeiría, Xosé María Arias, acompañados de membros dunha delegación do Partido Socialista no Parlamento Europeo visitaron as instalacións da Granxa Gayoso Castro, ubicada no Concello de Castro Riberas de Lea e propiedade da institución provincial. Deste xeito, Lara Méndez e Xosé María Arias explicáronlles cales serán as próximas actuacións que a Deputación acometerá na Granxa para a que este ano xa están presupostados preto de 1.100.000, que irán destinados á mellora xenética, á reforma das instalacións e á construción dunhas novas fosas de purín, entre outros investimentos. Ademais dos responsables provinciais, a comitiva estivo formada por 9 membros dunha delegación europarlamentaria do Partido Socialista: Rosa Miguélez Ramos, Vicepresidenta da Comisión de Pesca e membro da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural; Giovanna Corda, Lily Jacobs, Roselyne Lefrançois e Vicenzo Lavarra, membros da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural; Fontana Federica, asistente do Grupo PSE da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural; Marcus Breuwer, asistente do Deputado Kinderman, Heinz PSE-Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural; Malén González, asistente da Deputada Rosa Miguélez Ramos da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural; e Horacio Rouco Ferro, coordinador da Delegación Socialista Europea en Galicia. Logo de visitar o Concello de Lugo a comitiva foi recibida no Pazo de San Marcos polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro. O titular provincial deu a benvida ós membros do Partido Socialista no Parlamento Europeo e fíxolles entrega dun libro do pintor Antonio Murado, editado pola Deputación. Acto seguido, desprazáronse ata o Centro de Interpretación do río Rato, donde asistiron a unha proxección audiovisual sobre a xestión da Reserva da Biosfera Terras do Miño.