Deputación de Lugo

Gómez Besteiro compromete un edificio de servizos para a Área fluvial de Teiguín, en Samos

Imaxe deputación de lugo
En visita oficial a este Concello, o Presidente da Deputación anuncia un investimento de 200.000 euros para esta dotación demandada polos veciños e polo Alcalde

O organismo provincial colaborará na edición dunha nova guía sobre o municipio O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, comprometeu este mércores en Samos a construción dun edificio de servizos na Área fluvial de Teiguín. Gómez Besteiro dixo que é imprescindible que unhas piscinas públicas conten con vestiarios e cunhas dependencias funcionais para xestionar esta Área Fluvial, que está á entrada de Samos e é unha carta de presentación da capitalidad do municipio. Sinalou que esta dotación permitirá que os veciños de Samos, e tamén os da bisbarra, entre os que se atopan os de Sarria, poidan disfrutar dun contorno medioambiental excepcional. O máximo responsable provincial fixo este anuncio durante unha visita oficial ó Concello de Samos, onde foi recibido polo Alcalde da localidade, Julio Gallego, quen lle presentou ós membros da Corporación municipal. Trala recepción na Casa Consistorial, o Presidente, acompañado do rexedor, visitou os terreos nos que se construirá ó inmoble, ó que a Deputación destina 200.000 euros. Segundo avanzou, o edificio, de pranta baixa, incluirá zonas destinadas a vestiarios, primeiros auxilios, almacén e limpeza. O Alcalde de Samos amosou a súa satisfacción pola visita do Presidente e por que a Deputación acometa esta infraestrutura que é moi demandada polos veciños. Outros investimentos da Deputación Gómez Besteiro e Julio Gallego abordaron outras actuacións da Deputación, como o Plan de Comunidades Veciñais, que segue a ser un bo modelo porque inclúe obras pequenas, pero non menos necesarias, que non se poderían facer se non tivesen o apoio da Deputación. Por outra banda, destacou a cooperación cos Concellos a través do Parque Móbil. Apuntou que neste momento contamos con tres equipos de rego para traballar na mellora das vías locais. Lembrou que en Samos xa estiveron traballando as máquinas provinciais e anunciou que volverán proximamente. Gómez Beteiro tamén atendeu a demanda do Alcalde de colaborar na edición dunha nova guía de Samos, que incluirá os novos achádegos atopados no municipio. Isto entra na liña da Deputación de potenciar o noso legado natural e histórico, ó que é necesario sacarlle máis partido. Neste senso, afirmou que investir en patrimonio histórico e en patrimonio medioambiental é un investimento real que nos vai dar moitos beneficios nos próximos anos. Visita ó Mosteiro O titular da Deputación aproveitou a ocasión para visitar o mosteiro de Samos. Segundo sinalou o prior, José Luis Pérez, máis de 30.000 persoas visitan cada ano este edificio relixioso. Nesta cifra inclúense os particpantes no programa Km0 promovido pola Deputación para dar a coñecer a gran riqueza da nosa provincia. O resposable provincial comprobou o traballo que está a realizar o obradoiro de emprego Abadía Samos para rehabilitar os almacéns do misterio, que serán empregdos como museo. Neste obradoiro están traballando 25 personas (15 mulleres e 10 homes). Conta con especialidades de carpinteiría, albaneleiría, talla de madeira e restauración de madeira. Na recepción ofical na Casa Consistorial, o Presidente entregou ó Alcalde de Samos unha bufanda de seda e unha peza de cerámica elaboradas no Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación.