Deputación de Lugo

A Deputación aproba a segregación dos terreos dos hospitais provinciais para a súa transferencia ó SERGAS

O Pleno provincial ratificou a declaración institucional de todos os grupos políticos sobre o peche da factoría do grupo Pascual

As novas tecnoloxías centran máis dun terzo do Plan de Formación da Deputación de Lugo O Pleno da Deputación aprobou este martes a segregación e deslinde dos terreos necesarios dos Hospitais provinciais, San José e San Rafael, para a súa transferencia ó Servizo Galego de Saúde. Deste xeito, o organismo provincial dá continuidade ó acordo ó que se chegou no mes de febreiro coa Consellería de Sanidade e no que se establece que o organismo provincial debe segregar unha parte do recinto de San José, que continuará sendo ocupado por dependencias do organismo provincial, concretamente pola Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC, e do Hospital de San Rafael, onde terá que deslindarse a actual granxa-obradoiro que comparte instalacións co centro hospitalario. A Consellería e a Deputación fixaron o 1 de xullo como data para materializar definitivamente a tranferencia dos hospitais. A superficie a transferir á Xunta de Galicia no caso do de San José é de 15.144 metros cadrados e, no de San Rafael, de 48.490 metros cadrados. A transferencia dos hospitais permitirá ofrecer ós pacientes servizos de calidade e racionalizar os recursos públicos. Para a Deputación era unha asignatura pendente ó igual que outras cuestións de primeira orde como o desbloqueo do parque de bombeiros ou o pago da débeda do canon hidroeléctrico. Sen dúbida, a tranferencia beneficiará ós traballadores e ós pacientes, xa que se prestará un servizo moito máis potente e en mellores condicións. Desclaración institucional Pascual O Pleno aprobou a declaración institucional dos grupos políticos en contra do expedente de regulación de empresa da factoría Pascual. O acordo, que se lle comunicará á dirección do grupo empresarial lugués inclúe: trasladar ós responsables da empresa a oposición ó peche da empresa ubicada en Outerio de Rei; dirixirse á Ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, ó Ministro de Traballo e ó Conselleiro de Medio Rural para solicitar unha actuación coordinada que evite o peche e manteña os postos de traballo; impulsar iniciativas políticas e sociais encamiñadas a lograr que se regulen os postos dos traballadores; e demandar das mesmas administracións que garantan o cumprimento da lexislación laboral no relativo ó ERE, tal e como se recolle no Estatuto dos Traballadores. Plan de Formación O Pleno tamén deu o visto é prace o Plan Agrupado de Formación Contínua para o ano 2009. En total 61 accións formativas que contan cun orzamento que ascende 208.136 euros. Destas actividades, un terzo están relacionadas coas novas tecnoloxías. O Plan responde á aposta decidida pola modernización das Entidades Locais co obxectivo de acadar unha administración áxil, eficaz e eficiente, para estar ó servizo dos habitantes da provincia. Os cursos están subvencionados polo INAP (Instituto Nacional de Administracións Públicas). Trátase dun Plan ambicioso que está dotado de 1.046 prazas e 1.776 horas. Dará cobertura a unha quinta parte dos traballadores da administración local, de tal xeito que está pensado para solventar os problemas de formación das estruturas administrativas. O Plan vai dirixido fundamentalmente ó persoal de oficio para que poida mellorar a súa atención ó cidadán. Deste xeito, por segundo ano consecutivo e ante a demanda exisitente, formarase ós traballadores na linguaxe de signos, unha nova perspectiva de traballo que permitirá prestar unha mellor atención a sectores con determinadas discapacidades. Ademais, o Plan de Formación inclúe por primeira vez un curso de aplicación de sistemas de información xeográfica. Asimesmo, outro dos obxectivos desta Área é potenciar o Instituto Nicomedes Pastor Díaz. Deste xeito, o centro convertirase no buque insignia da actuación en materias formativas destinadas ós persoal da Administración Local de ámbito nacional. Plan Operativo Local O Pleno acordou tamén refinanciar as obras do POL 2006, tendo en conta que se prorroga a vixencia do Plan Operativo Local ata o 30 de xuño de 2009. Neste senso, para poder recibir as axudas FEDER é preciso que a Deputación asuma as achegas estatais destinadas á financiación das obras que non se incluíron ou non se iniciaron dentro do periodo. As axudas que debe adiantar a institución provincial suman un total de 16.504 euros e correspóndense coas seguintes obras: abastecemento de auga a Adelán (Alfoz); saneamento nos núcleos de Bocacarreira-Bailada (Concello de Begonte); Rubián e Ribas Pequenas (Bóveda); captación, bombeo e depósito para abastecemento de auta a Mourillón e Touville (Concello de Láncara); e ensanche e mellora do p.k 2,60 ó 5,40 da estrada que vai de Burela-Vilaestrofe-Rúa (Concello de Cervo).