Deputación de Lugo

Máis de 80 persoas participarán na primeira cea romántica polo Miño con Ligoteando

Imaxe deputación de lugo
As persoas que desexen participar poden solicitar praza ata o mesmo día da cita no 982 120 064 e na carpa situada na Área Recreativa dos Robles
A primeira velada que comezará mañá, inclúe un paseo en catamarán polo río amenizado con música chill-out e viño da Ribeira Sacra
A actividade inclúese en Lugoteando, programa de actividades lúdico-medioambientais que a Deputación está a desenvolver no Miño dentro do Lugo10 e que está a ter un gran éxito de convocatoria

Máis de 80 persoas estrean este venres na Área Recreativa dos Robles “Ligoteando”, unha das actividades máis demandadas dentro do programa de actividades lúdico- medioambientais Lugoteando que promove a Deputación no río Miño dentro do Lugo10, e que está a ser todo un éxito dende a súa posta en marcha o pasado 5 de xullo. A actividade está dirixida tanto a parellas como a grupos de amigos. Os participantes disfrutarán dun paseo en catamarán polo río amenizado con música chill-out a cargo do Dj lucense Doctor Think, mentres acompañan ese momento cunha copa de viño da Ribeira Sacra. Logo, terán unha cea romántica no restaurante “Os Robles” na que degustarán: crepes recheos de marisco, croquetas caseiras de marisco envoltas en filloas, ensalada de verán, brocheta de carne á grella co patacas, tellas con xeada, máis viño e café. Malia que a cita comezará ás 20:00 horas poderase reservar praza ata o mesmo día no que comeza a actividade, chamando ó número de teléfono 982 120 064 e na carpa situada en dita área recreativa. A actividade repitirase de novo o seguinte venres, 16 de xullo, para a que hai xa máis de 50 persoas inscritas. O prezo é de 25 euros por persoa. Esta é a primeira vez que se realiza unha actividade destas características na provincia e supón nun novo punto de vista de redescubrir o río. Os participantes terán a oportunidade de disfrutar dunha velada inolvidable nas renovadas instalacións da Área Recreativa, as cales superaron todos os controis sanitarios que se esixen cando se acometen obras de mellora. Deste xeito, garántense todos os parámetros de calidade e seguridade ós usuarios das mesmas, así como ós participantes de Lugoteando que optan polas actividades que se desenvolven nas piscinas e nas inmediacións do restaurante. Éxito do programa Dende a súa posta en marcha o pasado luns 5 de xullo, unhas 100 persoas disfrutaron no río Miño dunha morea de actividades de multiaventura nunca vistas na provincia co programa Lugoteando e máis de 150 o farán durante a fin de semana. As actividades, que se desenvolven ata ó 22 de xullo, están dirixidas a toda a familia e organízanse en grupos de 8 persoas que poderán realizar ata 4 actividades en cada quenda, coñecendo unha nova faciana do río ata o de agora descoñecida e por tan só 5 euros. Como inscribirse Todos os interesados poden inscribirse a través do número de teléfono: 982-120-064 dende ás 11:00 ás 14:00 horas e de 17:00 ás 20:00, e tamén na carpa que está situada na Área Recrativa dos Robles. Para máis información: www.deputacionlugo.org, www.lugo.es, www.lugo10.es, ou no teléfono de información municipal 010. No caso dos menores de idade, terán que traer unha autorización asinada dos pais ou titores que poden descargar nas webs. Con Lugoteando a Deputación cumpre con todos os compromisos adquiridos durante 10º aniversario da Muralla: a celebración da I Gala Muralla Moda; a presentación do Barco Muralla de Lugo, unha embarcación única en España que fai eco da provincia por todo o país; e o I Concurso Nacional de Curtas e Maquetas.