Deputación de Lugo

Gómez Besteiro e Cándido Pumpido inauguran as III Xornadas Xurídicas de Sarria

No encontro abórdase a responsabilidade civil como concepto básico no Estado do Dereito

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, participou este venres, xunto co Fiscal Xeneral do Estado, Cándido Conde Pumpido, e do Alcalde de Sarria, Claudio Garrido, na inauguración das III Xornadas Xurídicas que se desenvolven hoxe e mañá na localidade sarriana. Gómez Besteiro felicitou ó rexedor pola organización do encontro, “ya que la presencia hoy del Fiscal General del Estado y de otros grandes especialistas en responsabilidad civil es todo un honor no sólo para Sarria, sino para toda provincia”. O máximo mandatario provincial destacou que “es un año difícil, de restricciones presupuestarias y desde la Diputación queremos ser tremendamente eficaces y eficientes en nuestra relación con los Ayuntamientos. Quiero agradecer a Claudio que estas jornadas estén absolutamente consolidadas y su ambición por convertir a Sarria en el centro jurídico de España, hoy realidad es este Ayuntamiento de la provincia de Lugo”. No encontro abórdase a responsabilidade civil como concepto básico no Estado do Dereito. Calquera cidadán debe responder do seus actos neglixentes e reparar o dano que ocasionou a un terceiro. Deste xeito, Gómez Besteiro incidiu en que a Deputación non só se ocupa de facer fronte á responsabilidade patrimonial senón que tamén coopera cos Concellos da provincia no asesoramento xurídico destes casos. “De hecho, el 90% de las actuaciones que hemos acometido en los dos años que llevamos gobernando está pensada para beneficiar a las Entidades Locales. Dentro de esta política de Cooperación tenemos el servicio integral de asistencia a los municipios, a través del que se presta asistencia en materias como la urbanística, patrimonial y contratación”. O Presidente da Deputación aproveitou a ocasión para convidar ós asistentes ó I Encontro Provincial de Cooperación cos Concellos que se celebrará o vindeiro luns a partir das 12:30 horas. O simposio, no que se presentará ós Alcaldes e técnicos municipais o novo servizo integral de asesoramento ás Entidades Locais, contará coa presenta do Presidente da Deputación de Barcelona, Antonio Fogué Moya, e da Coordinadora de Concertación e Asistencia Local, Laia Claverol. Ó acto de inauguración tamén asistiron o Presidente da Audiencia Provincial da Coruña e numerosos xuíces chegados de Madrid, ademais dos maxistrados do Tribunal Supremo Eduardo Espín, José Antonio Seijas, Ignacio Sierra Gil de la Cuesta, Juan Antonio Xiol Rius, e Clemente Aubert Liñan, o maxistrado do Tribunal Constitucional, Pascual Sala Sánchez, o presidente da Academia Galega de Xurisprudencia, Juan Antonio Caridade, e o director da Editorial Bosch, Alberto Ferré. Programa das Xornadas Durante os dous días membros da Alta Maxistratura do Estado abordarán cuestións como a resposabilidade civil patrimonial do Estado, sanitaria ou na edificación. Ademais, tratarase a Lei de Contrato de Seguro en danos, de vida e de accidentes, e a responsabilidade dos Xuíces, Fiscais, Notarios, avogados e Procuradores. Previamente á celebración do encontro, os maxistrados participaron onte nunha das rutas máis demandas do programa de visitas institucionais e medioambientais da Deputación, Km0, que inclúe unha travesía fluvial en catamarán polos canóns do Sil e unha visita á Ribeira Sacra, onde coñeceron o mosteiro de San Estebo de Ribas de Sil e a oleiría de Gundivós. Tamén puideron degustar produtos da zona na Adega Algueira. “El medio ambiente es nuestra gran apuesta. Ayer muchos de ustedes lo pudieron comprobar con el itinerario de Km0. Este legado natural e histórico que hemos heredado es nuestro referente y revertirá en beneficio de esta provincia, eso es lo que estamos consiguiendo”, engadiu Gómez Besteiro.