Deputación de Lugo

A Área de Cultura e Deportes aprobou na última Xunta de Goberno de maio máis de cen mil euros en axudas

Foron aprobadas as contas xustificativas de actividades de animación, promoción e desenvolvemento social e cultura de 9 Comunidades Veciñais do ano 2007

A Área de Deportes da Deputación aprobou o aboamento a 23 entidades deportivas axudas por un valor total de 91.950 € A xunta de goberno da deputación procedeu hoxe a aprobación da conta xustificativa da actividade de animación, promoción e desenvolvemento social e cultura de un total de nove comunidades veciñais. Estas axudas pertencen ao Plan de Cooperación con Comunidades Veciñais do ano 2007 e unha vez aprobadas as contas xustificativas presentadas ante os órganos correspondentes da Deputación procederase de xeito inmediato ao seu pagamento. Estas axudas van destinadas a diversas actividades que desenvolveron os veciños de: Castro de Rei, Cela (O Corgo), Barxamaior ( Pedrafita), Vilanova (Lourenzá), Lugo, Taboada e Santiago de Triacastela. O importe global das axudas é de 91.950 € e repártase entre un total de nove entidades de caracter cultural e asociativo. O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, indicou que moitas destas axudas foran solicitadas e concedidas baixo o mandato do anterior goberno da Deputación e como unha mostra máis do compromiso e lealdade do novo goberno bipartito cos veciños e veciñas de Lugo procederase de inmediato ao pago das mesmas. Antón Bao anuncio, tamén, a aprobación na xunta de goberno de hoxe, do pagamento dun novo lote de axudas destinadas a entidades deportivas. As entidades beneficiarias foron 23 e recibirán un total de 91.950,00 €. Estas axudas foron convocadas o 27 de xuño de 2007 coas bases elaboradas polo anterior goberno da Deputación. O importe destas axudas foi resolto no mes de novembro de 2007 polo actual equipo de goberno que, para evitar discriminacións entre as entidades solicitantes, elaboraron un baremo que permitise unha adxudicación equitativa dos importes das axudas. As axudas aprobadas hoxe foron para as seguintes entidades: Clube, Entidade ou AsociaciónAxuda en €Sociedade Cultural Deportiva Sta. Comba3000,00Culbe Ciclista Correcamiños - Lugo2000,00Asoc. Xuvenil de Galegos500,00Terra Chá Futbol Sala500,00Clube Atlético Escairón3000,00Escudería Meira4000,00Clube Estudiantes10000,00Asoc. Sagrado Corazón7200,00Clube Cidade de Lugo Futbol Sala700,00Escola Atlética Lucense600,00Clube Deportivo Terras do Miño2250,00Asoc. Sociocultural e Deportiva Os Zoelas de Castro600,00Clube de Montaña Quixos8100,00Ribadeo Clube de Futbol6000,00Clube Triatlón Cidade de Lugo Fluvial10000,00Meira Futbol Clube4000,00Sociedade Deportiva Rubián3000,00Sociedade Deportiva Castroverde2000,00Clube Soc. Deportiva Cultural San Lázaro4000,00Sociedade Deportiva Sarriana8800,00Sociedade Deportiva Ribadeo2900,00Asoc. Deportiva Fai Deporte1200,00Soc. Deportiva e Cultural Polvorín7600,00