Deputación de Lugo

Estudantes e membros do Centro Social Uxío Novoneyra coñecen a Reserva da Biosfera Terras do Miño

Imaxe deputación de lugo
Técnicos do INLUDES amosarán ós participantes a calidade e a riqueza medioambiental da zona

Estudantes da provincia e membros do Centro Cultural Uxío Novoneyra vistarán esta semana o Centro de Interpretación Terras do Miño. O mércores, 25 persoas do Centro Social lugués coñecerán o contorno do Paso do río Rato, incluído na Reserva da Biosfera. Asimesmo, o día 7 será a quenda de 24 rapaces do CEIP de Xermade. A través dunha visita guiada técnicos do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES) amosarán ós alumnos, con idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos, a calidade ambiental e a riqueza natural da zona, así como a variedade florística, representadas polos bosques da ribeira, árbores centenarias, prantas acuáticas, etc. As visitas desta semana rematarán o venres, día no que 30 alumnos da Escola Politécnica Superior, concretamente de 2º Curso de Enxeñería Agrícola, participarán na iniciativa, que lles servirá de complemento das clases prácticas da asignatura de Botánica. Con esta visita, a Deputación promove o coñecemento e a interpretación do medio natural, cultural e etnográfico de Terras do Miño incluído na Rede Mundial de Reservas da Biosfera o 7 de novembro de 2002. Os escolares tiveron a oportunidade de descobrir este espazo natural que conta cunha superficie de 363.669 hectáreas. Terras do Miño foi a primeira Reserva da Biosfera declarada en Galicia e unha das máis extensas de España. Abarca o 39% do territorio de toda a provincia e inclúe 26 Concellos: Ourol, O Valadouro, Muras, Alfoz, Mondoñedo, Abadín, Xermade, Vilalba, A Pastoriza, Riotorto, Guitiriz, Cospeito, Meira, Begonte, Rábade, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pol, Lugo, Friol, Castroverde, Guntín, O Corgo, Baralla, O Páramo e Láncara.