Deputación de Lugo

Besteiro reivindica o pacto polo campo da Deputación

Imaxe deputación de lugo
O Presidente do organismo provincial clausura en Becerreá o II Congreso Comarcal de Unións Agrarias dos Ancares onde se elexíu a nova Executiva

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, clausurou este venres o II Congreso Comarcal de Unións Agrarias dos Ancares onde, os preto de 500 socios deste sindicato na zona da Montaña, elexiron a nova Executiva. Gómez Besteiro reivindicou o pacto polo campo da Deputación, e a necesidade de sumar esforzos para que o sector agrogandeiro, motor da economía da provincia, afronte a crise. Os participantes, na súa maoría produtores de carne de vacún, lembraron que este encontro prodúcese logo de que a Xunta de Galicia recortase en máis de 10 millóns de euros as axudas públicas que perciben os gandeiros, o que supón o 40% dos seus ingresos. Neste senso, o titular do organismo provincial destacou que o Pleno vén de aprobar unha proposta do equipo de Goberno para instar o Goberno de Galicia a fomentar a recría. En 2009 o anterior Executivo galego convocou unha liña de subvencións para a promoción da recría do gando, dotada de 1 millóns de euros, que podía incrementarse con remanentes adicionais. Gómez Besteiro subliñou que a actual Xunta non ampliou o orzamento reservado e só se cubriron 1.000 solicitudes, das 4.238 presentadas, o que implicou que se desestimasen 2.593 por falta de crédito. Da mesma forma, o Presidente transmitiu unha mensaxe positiva, e lembrou que a Deputación está a traballar en dous proxectos nas instalacións da Granxa Gayoso Castro que van a permitir a recria de máis de 3.000 novillas de frisona, e preto de 500 de Rubia Galega, aforrando miles de custes ós gandeiros.