Deputación de Lugo

Besteiro pecha as primeiras obras do canon hidroeléctrico nos Concellos sen sentenza

Imaxe deputación de lugo
A Deputacion realizará investimentos por preto de 600.000 euros na Pobra do Brollón e Pantón, Concellos que visitou hoxe o máximo responsable provincial

O Presidente da Deputación afirmou que “cumprimos coa palabra dada ó saldar esta débeda histórica e sen unha sentenza que nos obrigue a facelo. É verdade que o canon pasa a historia” O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, iniciou este xoves a rolda de entrevistas cos Alcaldes dos 15 Concellos afectados polo canon hidroeléctrico que non contan con sentenza favorable, e xa pechou as primeiras obras correspondentes ós plans 2008/09 da Pobra do Brollón, un Concello gobernado por BNG e PSOE, e de Pantón, gobernado polo PP, nas visitas instiutucionais que fixo hoxe a estes municipios do sur da provincia. Gómez Besteiro destacou que “a Deputación saldou primeiro a débeda histórica do canon de Chantada, o único que tiña sentenza favorable, e agora facémolo cos outros 15 Concellos afectados, nos que realizaremos obras por máis de 6 millóns de euros, cumprindo así a palabra dada e o compromiso político que asumimos cando chegamos ó goberno”. O máximo responsable provincial dixo que “o fácil é dicir que só hai unha sentenza para Chantada e estar pleiteando eternamente cos outros 15 Concellos, pero o actual goberno da Deputación non vai ser un obstáculo para os Concellos, e chegaremos a acordos que sexan o máis beneficiosos para todos. Antes os Concellos tiñan cero euros, agora terán cartos”. Máxima axilidade ós proxectos Tralas reunións que mantivo cos Alcaldes da Pobra, José Luis Maceda, e Pantón, José Luis Álvarez Blanco, o máximo responsable provincial anunciou que “agora encargaremos de xeito inmediato os proxectos para axiliar ó máximo a execución das obras. É verdade que o canon pasa a historia”. O investimento que realizará a Deputación na Pobra do Brollón e Pantón correspondente ás anualidades 2008-2009, suma 389.657 euros. Para saldar a débeda do canon, a Deputación realizará na Pobra obras por valor de 235.097 euros, dos que 157.281 corresponden ás dúas primeiras anualidades. Polo que se refire a Pantón, a cantidade total é de 348.714 euros, dos que 232.476 son para o 2008/09. “Por tanto, investiremos preto de 600.000 euros en obras moi necesarias para os veciños destes dous municipios e que xerarán obra pública e empregos. Ó mesmo tempo, poñeremos fin a unha débeda que arrastraba a Deputación desde hai 18 anos e que lastraba ós Concellos sen que nestes casos haxa unha sentenza que nos obrigue”. Pola súa banda, José Luis Maceda gredecu públicamente a Gómez Bestgeiro o traballo que está a facer polos Concello pequenos co fin de que converxan no desenvolvemento provincial e dixo: “qué sería do Plan E para os Concellos se a Deputación non nos pagase os proxectos de obra”. Ademais, Maceda Vilariño destacou o programa Km0 que “nos parece unha excelente idea porque é poñer o noso patrimonio en valor e imprimir maior autoestima ós nosos habitantes”. Os outros Concellos, á marxe de Pantón e A Pobra de Brollón que se benefician do reparto son: zona sur (O Saviñao, Taboada, Paradela, Portomarín, Páramo, Guntín, Carballedo, Ribas do Sil, Quiroga, Sober, Monforte de Lemos) e zona norte (A Fonsagrada e Negueira de Muñiz). Para todos eles, a Deputación aprobou 6.098.876 euros -amparados polo Plan Económico-Financieiro da Deputación- dos que 4.065.917 euros corresponden ás dúas primeiras anualidades. Outros investimentos José Ramón Gómez Besteiro destacou o importante esforzo inversor que está realizar a Deputación nos Concellos da Pobra do Brollón e Pantón que, xunto co canon, supera o millón de euros. No mantemento dos 108,7 quilómetros da rede de estradas provinciais destes dous municipios do sur da provincia, o organismo provincial inviste 382.780 euros. Ademais, estes dous Concellos, que teñen suscrito o convenio da roza dos viais, reciben 31.992 euros para acometer a xestión do desbroce. Polo que se refire ó Fondo Extraordinario que complementa con 4% ó Plan E do Goberno Central, A Pobra recibiu da Deputación 13.852 euros e Pantón, 22.755 e no Plan de Comunidades, as subvencións suman 62.749 euros. Kmo Xtreme Ademais, a Pobra do Brollón foi o lugar elexido para a terceira viaxe en helicóptero dentro do programa Km0 Xtreme que ten por obxectivo a posta en valor das Reservas da Biosfera a través do deporte e multiaventura. Nesta ocasión, os participantes sobrevoaron algunhas das paisaxes máis espectaculares da Ribeira Sacra. Esta iniciativa, que foi inaugurada este martes en Ribadeo polo Presidente da Deputación.