A Vicepresidenta Segunda da Deputación, pregoeira da Feira de San Isidro da Milagrosa
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, ofreceu este venres o pregón que abre a Feira de San Isidro da Milagrosa, unha cita organizada pola asociación de veciños deste barrio da capital de Lugo, e que acolle a máis de 120 expositores de artesanía e de produtos autóctonos de todas as provincias de Galicia, Asturias, Castela La Mancha, e mesmo Portugal. Lara Méndez salientou o feito de que este encontro teña lugar na cidade de Lugo, e concretamente nun barrio ó que se sente moi vinculada, e que, grazas o esforzo dos veciños e do Alcalde, José López Orozco, prosperou máis ca ningún deixando atrás aquela imaxe do rural. A responsable da área de Promoción Económica e de Emprego da Deputación adiantou que esta feira é o mellor aperitivo que podíamos ter. Espérannos 7 días nos que a provincia será un referente na artesanía en Espana xa que, logo da Feira de San Isidro, o CENTRAD celebrará os Terceiros Encontros Internacionais da Artesanía. Da mesma forma, a Vicepresidenta Segunda destacou a riqueza dos produtos autóctonos de Lugo da que fai eco nesta feira, e con iniciativas como Lugo-Sabe, a campaña de promoción do organismo provincial.