Deputación de Lugo

A Deputación defenderá os dereitos dos traballadores na vindeira reunión coa Xunta para a transferencia dos hospitais provinciais

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro convocou para o vindeiro xoves unha reunión con todos os grupos políticos, que será previa á xuntanza coa Conselleira de Sanidade e antes da reunión con Feijóo

Melchor Roel apoia as declaracións do Alcalde de Castro de Rei e subliña que “Feijóo mentiulle á cara ós veciños deste Concello cando a principios de ano se comprometeu a manter o centro de San Rafael” O Deputado de Persoal destacou que as transferencias en Galicia non se parcelan, senón que se transfiren traballadores, enfermos e inmobles Roel subliña que “a Xunta terá que asumir todos os pacientes porque a vocación da Deputación do s.XXI non ter de novo hospitais” O Deputado de Persoal e Recursos Humanos, Melchor Roel, informou este venres dos asuntos que se abordaron na Comisión de Seguemento de Transferencia dos hospitais provinciais ó SERGAS, convocada polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, ante a decisión adoptada pola administración autonómica de desvincularse dos inmobles dos hospitais provinciais. O responsable de Persoal explicou ós integrantes da Comisión que “a postura da Xunta é nova e antiga. Nova porque vai en contra do acordo asinado por ámbalas dúas institucións e, antiga, porque cando o Partido Popular gobernaba na Deputación non quería ceder as dúas infraestruturas sociosanitarias. Curiosamente a Xunta de Galicia, gobernada hoxe por Feijóo, non quere estas instalacións, aínda que que cando as pedía dicía que non llas daban”. Melchor Roel apoia as declaracións do Alcalde de Castro de Rei e subliña que “ó desvincularse a Xunta dos inmobles queda claro que, tal e como xa dixo Valiño, Feijóo mentiulle á cara ós veciños deste Concello cando a principios de ano se comprometeu a manter o centro de San Rafael. Esta decisión condea ós veciños perdendo 2 infraestruturas sociosanitarias e ó peche do hospital de San Rafael”. Reunións coa Xunta O Deputado de Persoal anunciou que a reunión solicitada onte polo Presidente da Deputación co seu homólogo na Xunta será o martes, 20 de outubro, ás 17:00 horas. Asimesmo, engadiu que Gómez Besteiro xa convocou para o próximo xoves unha reunión con todos os grupos políticos da Deputación. “Esta reunión será antes da xuntanza coa Xunta, fixada para o venres en Santiago, e antes da reunión con Feióo. A situación na que nos atopamos é grave porque a Xunta de Galicia ten que facer o mesmo que se fai no resto de provincias, aceptar as infraestrutras sanitarias, os pacientes e as condicións dos traballadores. Isto foi o que acordou o 16 de abril a Comisión Mixta. Ademai, Barreiro tamén deixou clara a súa postura no Pleno, polo que tamén ten que asumir responsabilidades”. Melchor Roel puntualizou que “agora din que temos que falar con outras administracións, entón eu pregúntome: se falamos co organismo competente nesta materia e este nos cambia o proceso… con quen pretenden que falemos?. Traballamos moi duro para chegar ata este acordo. Nos estamos quietos e non vamos a parar. O tema de persoal e de pacientes ten que estar claro. Esperamos que a Xunta se dé conta do dano que lle están facendo ós pacientes”. Asimesmo, matizou que “os Sindicatos están seguros e convencidos de que a Deputación no vai a rebaixar ningún dereito dos traballadores. Era o que nos faltaba. Unha Deputación do século XXI nos se pode permitir ter aínda centros hospitalarios. Somos a única administración provincial que está nesta situación. Isto só ten un nome: hai unha clara discriminación por parte da Xunta a esta provincia. E iso que din que nos teñen no corazón, polo que se nos tiveran noutro lado, a onde iríamos?