Deputación de Lugo

A Área de Deportes da Deputación acometerá, en breve,
o arranxo da Escola de Piragüismo

A escola de piragüismo acolleu unhas xornadas de formación

O Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao visitou, a escola de piragüismo para comprobar, por si mesmo, o deteriorado estado da escola de piragüismo e anunciou que, en breve, se porá en marcha un proxecto para manter e mellorar estas instalacións que son propiedade da Deputación, segundo Antón Bao “é a nosa obriga arranxar os problemas que ten o edificio e convertelo nun lugar apto para a práctica do deporte”. O edificio da escola de piragüismo atópase, actualmente, nun deplorable estado de abandono debido á falta de mantemento do edificio nestes últimos anos de goberno do partido popular. Un dos maiores problemas do edificio son debidos á humidade, provocada polas numerosas goteiras existentes. Segundo sinalou Antón Bao “é unha necesidade manter e mellorar este edificio, pero non so imos a facer unha mellora no aspecto constructivo se non que imos a acometer unha reforma que afecte tamén ao seu funcionamento para convertelo nun espazo ao servizo do deporte e das persoas que desexen disfrutar deste lugar privilexiado para a práctica dos deportes acuaticos”. Neste mesmo senso Bao afirmou que a Área de Deportes da Deputación pulará para que Lugo volva a ser referente no mundo do piragüismo. PRÁCTICAS DE ALUNOS DO IES OLLOS GRANDES NA ESCOLA DE PIRAGUISMO Antón Bao aproveitou a visita para coñecer as actividades dos estudantes do ciclo superior de actividades físico - deportivas do IES Virxe do Ollos Grandes. Os 13 alumnos e alumnas que se matricularon, este ano, neste ciclo formativo estiveron durante as últimas semanas acudindo ás instalacións da escola de piragüismo da Deputación provincial para coñecer e perfeccionar os seus coñecementos sobre esta especialidade deportiva. Estas prácticas están configuradas como unha actividade complementaria ao curriculo do propio ciclo. Antón Bao destacou a importancia de que as instalacións deportivas da Deputación estean á disposición da cidadanía, tanto para actividades lúdicas e deportivas como para actividades formativas que sirvan para complementar a docencia de determinadas especialidades educativas. Segundo informaron os responsables o IES Virxe do Ollos Grandes este é o noveno ano que o instituto acolle este ciclo formativo. Ao respecto das prácticas na escola de piragüismo, informaron de que os coñecementos que adquiren nestas xornadas son moi importantes á hora de configurar o seu perfil profesional. Coñecer detalladamente a técnica que lles permitirá amosar, de un xeito didáctico, aos novos usurarios como manexar unha destas embarcacións, poder reparar unha piragua nun momento dado e poder informar das normas básicas de utilización será fundamental para desenvolver o traballos nos que atoparán a súa saída profesional. Outro dos aspectos fundamentais destas prácticas é o de poder formar e informar aos usuarios sobre as medidas de seguridade que deben de tomar no momento de utilizar unha destas embarcacións. A oferta laboral para os mozos e mozas, que hoxe están a formarse neste ciclo, é cada vez máis ampla e variada e vai dende a de animadores de actividades turísticas e de ocio, ata formadores en escolas deportivas e monitores de ximnasio.