Deputación de Lugo

Os Canóns do Sil protagonizan Km0 na primeira semana de maio

Alumnos de Becerreá, membros das Aulas da Terciera Idade e veciños de Meira viaxarán en catamarán grazas á iniciativa promovida pola Deputación

Os Canóns do Sil protagonizan as tres rutas de Km0 da primeira semana de maio. Esto confirma á Ribeira Sacra como o destino máis demandado polos veciños da provincia que se suman ó programa de visitas institucionais e medioambientais que promove a Deputación. Nesta ocasión, os participantes son alumnos do Centro de Educación Infantil e Primaria San Xoán de Becerreá e veciños de Lugo e Meira. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este martes no Pazo de San Marcos a un grupo das Aulas da Terceira Idade de Lugo que, a continuación, se desprazaron ás instalacións da produtora da Fundación TIC. Pola tarde trasladaranse ata a Ribeira Sacra, onde farán unha ruta de sendeirismo ata o Mirador da Pena do Castelo e viaxarán en catamarán polos canóns do Sil. Esta mesma ruta foi elexida pola Asociación Cultural EME de Meira, que mañá participará en Km0. En canto ó xoves, un grupo de alumnos e profesores do CEIP San Xoán de Becerreá visitarán o Centro de Artesanía e Deseño e, acontinuación navegarán polos Canóns do Sil.