Deputación de Lugo

As Asociacións Culturais da Terra Chá plantexaron as súas demandas ao responsable de Cultura e ao Vicepresidente primeiro da Deputación.

Representantes de asociacións culturais da comarca de A Terra Cha reuníronse hoxe na Casa da Cultura de Vilalba cos responsables da Área de Cultura da Deputación para elaborar os Orzamentos do vindeiro ano.

VILALBA, 12 DE DECEMBRO. O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, e o responsable da Área de Cultura, Antonio Veiga, participaron onte na Casa da Cultura de Vilalba, nunha xuntanza con representantes do tecido asociativo e os creadores da comarca da Terra Chá. Ao acto asistiu tamén o delegado da Consellería de Cultura, Xoán Xosé Molina. Esta xuntanza enmarcase nunha serie de reunións previstas polas distintas comarcas dentro dunha iniciativa novidosa da Área de Cultura da Deputación co obxectivo de que os Orzamentos do vindeiro ano, que están a ser elaborados, sexan Orzamentos participativos. No encontro, as asociacións culturais reclamaron transparencia no reparto de axudas; información constante e fluída de actos, proxectos ou liñas de subvención; colaboración do novo Goberno na realización de actividades conxuntas; e melloras e dotacións para os locais onde desenvolven as súas actividades. O responsable de Cultura, Antonio Veiga, informou sobre a política cultural que vai a seguir, a partir de agora, a Deputación de Lugo. Veiga informou tamén sobre as liñas de subvención que a Deputación vai a abrir no próximo ano para as asociacións e entidades culturais.