Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación convoca ós Alcaldes da provincia o día 17 para entregarlles as bases do novo Servizo Provincial de Recadación

A Deputación asesorará ós Concellos na elaboración de proxectos medioambientais

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, convocou a todos os Alcaldes e Alcaldesas da provincia o luns 17 de decembro para entregarlles as bases que rexerán a delegación de tributos a favor do Servizo Provincial de Xestión e Recadación provincial. Ó encontro, que terá lugar ás cinco da tarde no Pazo de San Marcos, tamén están convidados os secretarios e interventores dos respectivos Concellos, segundo anunciou hoxe o voceiro do grupo provincial do PSOE e Deputado provincial de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno. “No encontro examinarase o contido destas bases e darase conta do procedemento de delegación de tributos. Agardamos que este sexa o paso definitivo para conformar o novo Servicio Provincial de Recadación”, dixo Gato Soengas. O voceiro provincial do PSOE afirmou que “pode ser unha ferramenta importante de financiamento das Corporacións”. Antonio Gato lembrou que está previsto que a porcentaxe que deberán aboar os Concellos pasará a ser do 4%, e que “podería rebaixarse ata o 2% se se consigue a delegación mínima de tributos de máis Concellos”. O deputado socialista dixo que, na práctica, esta modificiación “significará un novo ingreso para os Concellos. Ademais, o persoal que se adica a esta tarefa nas entidades locais poderá destinarse o outros cometidos”. Á reunión do día 17 tamén están convidados os Alcaldes dos cinco Concellos que non están adscritos na actualidade ó Servizo Provincial de Recadación. Asesoramento medioambiental Outra liña de cooperación cos Concellos será o asesoramento na elaboración de proxecto medioambientais. Antonio Gato anunicou que se remitiu a todos os Alcaldes e Alcaldesas da provincia unha comunicación na que se lles informa de que terán a súa disposicón un servzo gratuíto para o asesoramento en asuntos como o deseño de rutas de sendeirismo, a recuperación de espazos degradados e o deseño de parques e xardíns”. Tamén dixo que se elaborará un estudo de impacto mediombiental, sobre todo no relativo ó ruído. “Moitos Concellos carecen totalmente da infraestrutura necesaria para pode facer as medicións de ruido nas zonas de lecer, algo que está a ser moi demandado”. Este servizo de asesoramento incluirá cursos de educación ambiental. Antonio Gato asegurou que esta iniciativa despertou moito interese e “xa se presentaron solicitudes de moitos concellos”. Acordos Xunta A Xunta de Goberno acordou, entre outros asuntos, aprobar o proxecto adicional das obras de ensanche e mellora dun treito da estrada Eirexalba-Cabanas, no Concello de O Incio, por un imorte de 23.381 euros, que se suman ós 141.100 que custa a obra princiapal. Con este proxecto adicional correxeranse varios erros de medicións dos volumen de movemento de terras que figuraban no proxecto inicial. O goberno provincial tamén aprobou os plans de Seguridade e Saúde en varias obras.