Deputación de Lugo

O INLUDES participará na 2ª Reunión do Consello de Xestores das Reservas da Biosfera Española

Imaxe deputación de lugo
Este organismo dependente da Deputación de Lugo xestiona as Rervas de Terras do Miño e Ancares

O INLUDES participará os días 13 e 14 de decembro na Segunda Reunión do Consello de Xestores das Reservas da Biosfera Española que terá lugar en Madrid. A técnico do organismo dependente da Deputación de Lugo, Laura Vázquez, asistirá a esta xuntanza que ten como principal obxectivo a análise da situación actual das Reservas e o reparto de traballos e funcións para o vindeiro Congreso Internacional das Reservas da Biosfera que se celebará na capital de España en Febreiro de 2008. Na actualidade o INLUDES encárgase da xestión das dúas Reservas coas que conta a provincia de Lugo, a de Terras do Miño e a de Ancares, incluidas pola UNESCO na Rede Mundial de Reservas da Biosfera nos anos 2002 e 2006 respectivamente. A Reunión está organizada polo Organismo Autónomo de Parques Nacionais (OAPN) dependente do Ministerio de Medio Ambiente. No encontro abordaranse cuestións como as posibilidades de financiamento para estes espazos naturais protexidos mediante a aplicación de Fondos Estruturais da Unión Europea, así como das propostas que se lle van formular ó Programa da UNESCO, Home e Biosfera, que é o encargado de determinar que zonas poden obter esta distinción.