Deputación de Lugo

A delegación lucense é recibida polo cónsul de España en China

A Vicepresidenta Segunda da Deputación participou na inauguración da nova delegación da empresa lucense Ázkar

A delegación lucense que está estes días de viaxe oficial en China e na que estan representantes do Concello de Lugo, da Deputación provincial, da USC e da Cámara de Comercio mantivo hoxe un encontro oficial co Consul de España en China, Antonio Segura Moris. O acto comezou cunha actuación da representación que o grupo Cántigas e Frores enviou ao país asiático. O consul dixo que se emocionou con esta actuación xa que lle trae recordos de Asturias de onde é natural. A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía do Concello de Lugo, Sonia Méndez, aproveitaron o encontro para poñer en común a distinta visión da empresa que existe entre China e España. O consul considera que é fundamental que se produza un achegamento entre ambolos dous países para que naza ese lazo de confianza que facilitará a implantación de empresas españolas no país. Na xuntanza participou tamén José Rico, director do Igape en Shanghai e Roberto Cabana, un lucense que leva 8 anos vivindo en China e que puxo en marcha a súa propia empresa Asia Bussiness Partner Co en Shanghai. A cultura, o turismo e o irmandamento entre as murallas romana de Lugo e chinesa tamén centrou unha boa parte da xuntanza. O Alcalde destacou a importancia de que se coñezan dúas culturas tan alonxadas no espazo e tan próximas na esencia. Para o consul, que dixo ser un namorado de Lugo e da súa gastronomía que as murallas se irmanden é un símbolo moi importante para o pobo de China que se abre a unha cidade pequena e cunha historia tan grande. Tanto o Alcalde como o consul quixeron que se entendese na súa dimensión o que supón xa só para unha cidade como Shanghai que soe o nome de Lugo. O Alcalde agasallou ó consul cunha maqueta e un pin de ouro da Mosquera. López Orozco sinalou que ese agasallo serviría para que sempre leve un pedazo de Lugo con el. Cando lle pregunten diga que é Lugo e con iso estarémoslle eternamente agradecidos. O acto rematou coa interpretación do Himno do Antigo Reino de Galicia pola agrupación Cántigas e Frores. Sede Azkar As empresas desprazadas na delegación a China, comezaron ademais os seus encontros con empresarios chinos, para establecer lazos comerciais para o futuro. O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o equipo directivo de Azkar e outros representantes locales asisitron á inauguración da nova sede da empresa lucense en China. As oficinas ocupan un amplo espazo no centro económico de Shanghai. O Alcalde, no seu discurso, felicitou á empresa e fixo unha mención especial a Luis Fernández Somoza, un lucense que desde Lugo supo trasladar a súa empresa a toda Europa e agora tamén aó continente asiático. López Orozco desexoulle os maiores éxitos de futuro.