Deputación de Lugo

Clausurado o curso “A contratación no ámbito local” que oferta a Área de Formación da Deputación

A actividade centrou a súa temática na xestión da contratación administrativa local

O Deputado de Cooperación cos Concellos, Antonio Gato Soengas, e o Deputado de Persoal e Réxime Interior, Melchor Roel, participaron este venres na clausura do curso “A contratación no ámbito local” ofertado pola Área de Formación da Deputación de Lugo. A actividade, destinada a persoal do servizo da Administración Local que desempeña postos de traballo de xestión administrativa no ámbito da contratación, desenvolveuse desde o 21 ó 25 de abril e contou con 30 horas de formación. Profesionais do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) impartiron o curso no que se ofreceu ós participantes unha ampla formación relacionada co perfeccionamento e coa actualización de coñecementos no procedemento de xestión da contratación administrativa local. Na iniciativa, na que se analizou tamén a nova Lei de Contratos, participaron 40 alumnos. O curso enmárcase dentro do Plan Interadministrativo que se xestiona a través do Centro de Estudos Locais “Nicomedes Pastor Díaz”. Dado que unhas 50 persoas quedaron na lista de espera o INAP e a Deputación porán en marcha no mes de setembro a segunda edición.