Deputación de Lugo

A Vicepresidenta Segunda da Deputación participa na inauguración as XIII Xornadas Internacionais de Enfermaría.
O encontro céntrase na drogadicción e nos accidentes de tráfico

A Vicepresidenta Segunda da Deputación participa na inauguración as XIII Xornadas Internacionais de Enfermaría.

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou na inauguración das XIII Xornadas Internacionais de Enfermaría de Lugo que arrincaron este mércores baixo o título ‘Drogas e accidentes de tráfico. Dous son mil’. O encontro, conta este ano conta coa presenza de 250 persoas entre profesionais e estudantes. Na súa intervención, Lara Méndez dixo que “a loita contra o o consumo de drogas e os accidentes de tráfico, é unha tarefa de todos. As institucions, e a sociedade en xeral, debemos sumar esforzos para previr e pera paliar as súas consecuencias”. A responsable provincial tamén subilou a aposta da Deputación polo campus lugués “un compromiso que asumiu e reforzou o actual equipo de goberno”. No acto de inauguración tamén participaron o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; o director da Escola de Enfermaría de Lugo, José Luis Díaz López, e o presidente do Colexio de Enfermaría, Miguel Fernández; o Alcalde, José López Orozco; o subdelegado do Goberno, Jesús Otero; o delegado provincial da Consellaría de Sanidade, Miguel Ángel Rodríguez Lois; o director provincial do Sergas, José Luis Rodríguez López e o xerente do complexo hospitalario Xeral-Calde, Francisco Martínez Otero. Unha vez rematado o acto de apertura deron comezo estas xornadas, que se alongarán ata o venres, da man da coñecida enfermeira norteamericana Lynda Juall Carpenito-Moyet, que falou sobre o impacto do diagnóstico dos pacientes na profesión. Esta especialista, presidenta da LJC Consultants Inc. In Mickleton de Nova York, está recoñecida internacionalmente polas publicacións realizadas sobre diagnósticos de enfermaría. A continuación, o secretario xeral da Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, Luis Vázquez Rodríguez, explicou o Plan de Seguridade Vial de Galicia. Remataron esta xornada inaugural cunha recepción dos participantes por parte do alcalde, José López Orozco, no Salón de Plenos do Concello As mesas redondas e coloquios que se celebrarán o xoves estarán centradas na atención a pacientes con traumatismos causados en accidentes de tráfico, ás 10:00 e ás 17:00 horas. A segunda parte da tarde estará centrada nas experiencias de enfermaría e nos aspectos relevantes dos coidados destes profesionais. O venres as intervencións e os debates estarán centrados na educación sobre drogas, tabaco e alcohol. Entre eles destaca a presencia do xefe do Servizo da Subdirección Xeral de Saúde Mental e Drogodependencia do Servizo Galego de Saúde, Indalecio Carrera Machado, e dos responsables do servizo de prevención de drogas do Concello de Lugo. Estas xornadas reúnen en Lugo este ano a un total de 20 relatores procedentes de distintos ámbitos universitarios, así como a especialistas nestas materias na Administración xeral. Ademais de Lynda Juall Carpenito, participan tamén Elaine Stevens, que é vogal do Royal College Nursing, enfermeira do Hospital de Aushine e profesora da Universidade escocesa de Paisley. Se clausurarán cunha cea de gala o venres.