Deputación de Lugo

Antonio Gato asegura que os Presupostos de 2008 darán resposta a necesidades históricas da provincia

O voceiro do grupo socialista dixo que as circuntancias para a elaboración dos orzamentos deste ano son excepcionais

O voceiro do grupo provincial do PSOE, Antonio Gato Soengas, asegurou este venres que os Presupostos da Deputación de 2008 estarán marcados polas “medidas políticas de gran trascendencia e calado que tomou o acutal equipo de goberno”. Esta é unha das razóns, segundo Antonio Gato, que motiva o retraso na aprobación dos Presupostos deste ano xa que “cando existen novas previsións orzamentarias é evidente que hai que buscar o encaixe necesario e oportuno”. Gato Soengas dixo que as circunstancias deste exercicio son excepcionais, porque o actual goberno chegou tras un proceso electoral e deu solución a problemas e débedas históricas que arrastraba a institucións provincial. “Está claro que facer fronte ó pagamento do canon de Chantada ou tomar a decisión de dotar a provincia de parques de bomberios complica a concepción dos presupostos, pero eu creo que o retraso valeu a pena”. Outro dos motivos, segundo o voceiro socialista, é “o cambio drástico na planificación dos fondos de procedencia europea. Este ano desapareceu, por exemplo o POL, e os novos fondos da Unión Europea teñen agora outra orientación. A Deputaicón fixo fronte a esta planificación presentando proxectos para obter o financiamento necesario”. Atención das emerxencias Un dos principais eixos dos presupostos ó que se refería Antonio Gato, a creación dunha rede provincial de parques de bombeiros, é un claro reflexo, segundo apuntou o voceiro do grupo socialista, da aposta da actual Deputación por dar cobertura ás emerxencias de toda a provincia. Gato Soengas dixo que con esta novas dotacións e a creación de novos Grupos Municipais de Intervención Rápida, as emerxencias da provincia estarán ben atendidas. Segundo os datos aportados polo voceiro socialista, en 2007 a nosa provincia contaba con 15 Grumires nos que traballaban 180 persoas. Esta cifra, cando acabe 2008, acadará os 36 grupos munipais de emerxencia e 279 empregados. Antonio Gato fixo estas declaracións na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno na que, entre outros asuntos, se abordaron varios expedentes expropitorios, a cancelacións de tres garantías para responder a contratos de diversas obras e a probación de o Plan de Seguridade e Saúde no traballo dun proxecto en Pnatón. Tamén se deu conta do Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo que desestima a solicitude da Deputación de anular a sentenza que condena á institución provincial a pagar 4.133 euro por un accidente de tráfico ocontecido en 2004 no Concello de Lugo. O sinistro tivo lugar a consecuencia da gravilla que había na vía por mor dunhas obras que estaban mal sinalizadas. No recurso, a Deputación expuso que non formara parte do proceso e que, ademais, non tiña coñecemento destas obras, que estaba realizando outra administración. Sen embargo, o Auto do Xulgado, que é firme, di que a Deputación tivo tempo suficiente para exercer as súas reclamacións, á fin de obter unha resolución favorable ós seus dereitos.