Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación amosa o apoio da institución que preside ó Exército de Terra

Gómez Besteiro recibiu no seu despacho ó Comandante da Coruña e Lugo

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este venres no seu despacho ó Comandante Militar da Coruña e Lugo, José María Timón Sánchez. Na xuntanza, os dous dirixentes institucionais intercambiaron impresións sobre as relacións e posibles colaboracións entre as dúas entidades. Neste senso, Gómez Besteiro amosou o apoio da institución que preside ó Exército de Terra, xa que “non hai que esquecer o labor tan importante desenvolvido o verán pasado polos profesionais que forman parte desta institución militar na protección do medio ambiente e na extinción de incendios”. O máximo mandatario provincial destacou que “desde a Deputación seguiremos mantendo as relacións que xa son extraordinarias e de respeto mutuo”. No acto, no que tamén participou a Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín, o Presidente da Deputación aproveitou a ocasión para lembrar a importancia que ten o Exército de Terra nos actos da Semana Santa, concretamente na procesión do Bo Xesús. Destinado no Centro de Historia e Cultura Militar na cidade herculina, Timón Sánchez asumiu o cargo de Comandante Militar da Coruña e Lugo o 3 de marzo de 2008. Pertence á Armada de Infantería e á XXV promoción da Academia Xeral Militar. Pola súa banda, subliñou que “hoxe foi o primeiro día que me despracei a Lugo para entrevistarme coas autoridades provinciais e locais co obxectivo de coñecernos e de proseguir coas boas relacións existentes ata o momento”. Recepción Oficial O Presidente da Deputación mantivo unha xuntanza no seu despacho co Comandante Militar da Coruña e Lugo. Coincidindo cos actos da inauguración da exposición permanente de instrumentos musicais do CENTRAD e coa estancia de Amancio Prada en Lugo, Gómez Besteiro entregoulle unha réplica dunha zanfona elaborada polos artesáns do Centro de Artesanía e Deseño do organismo provincial. Previamente, Timón Sánchez foi recibido polo Alcalde da Cidade, José López Orozco, e polo Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero.