Deputación de Lugo

A Deputación entregará a Praca de Honor da Provincia de Lugo a Luis Cordeiro Rodríguez

Imaxe deputación de lugo
A Corporación Provincial expresou este luns as súas condolencias á familia.

Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, comunicou que a institución que preside entregará, a título póstumo, a Praca de Honor da Provincia de Lugo -a máxima distinción da Deputación que pode outorgar a unha persoa física, segundo o actual Regulamento de Honores e Distincións- a Luis Cordeiro Rodríguez, o que fora Presidente desta institución entre os anos 1979-1983. Coñecida a noticia do seu falecemento, a Corporación Provincial expresou esta mañá as súas condolencias á familia. Desde esta mañá ondean a media asta as bandeiras da fachada do Pazo Provincial de San Marcos e nelas destaca o crespón negro de loito polo falecemento de Luis Cordeiro. José Ramón Gómez Besteiro, unha vez máis, quixo facer público esta mañá o enorme impulso que Luis Cordeiro imprimiu ó desenvolvemento do Campus lucense. Desde a Deputación de Lugo, o ex-Presidente impulsou obras como a construción do Colexio Universitario, a Biblioteca Pública, o Arquivo Provincial ou a Avenida de Alfonso X El Sabio, entre outras moitas actuacións. Tamén foi clave na consecución da Facultade de Veterinaria para Lugo, a que hoxe é un dos puntais do Campus de Lugo. O Presidente da Deputación expresará hoxe, personalmente, as súas condolencias á familia xa que o mércores, día do enterro, coincide coa celebración do Pleno do Concello de Lugo, no que ten que intervir.