Deputación de Lugo

A Área de Cultura da Deputación achegará aos concellos máis de 1 millón e medio de euros en axudas

A xunta de goberno aprobou o pagamento de varias axudas de actividades de comunidades veciñais e deportivas

O Vicepresidente Primeiro salientou a importancia da exposición do Living Museum que se inaugurará o día 12 e será unha oportunidade única para ver e escoitar instrumentos musicais dos séculos XVI ao XVII A Área de Cultura e Deportes da Deputación achegará aos 67 concellos de Lugo a posibilidade de obter, a través de diferentes liñas, axudas para a realización de actividades deportivas e culturais e tamén para a mellora e mantemento dos equipamentos e instalacións deportivos e culturais. O vicepresidente primeiro da Deputación anunciou, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, que a Área de Cultura e Deportes contemplou nos orzamentos para o ano 2008 un total de 1.560.000 € para esta finalidade. Bao informou que “esta aportación á actividade e ás instalacións culturais e deportivas das entidades locais da provincia supón unha enorme diferenza con respecto aos orzamentos do 2007 do anterior goberno da Deputación que era de 101.101,00 €”. O vicepresidente primeiro informou de que os 67 concellos van ter posibilidades de acceso á colaboración da Deputación, por distintas vías, para a súa actividade cultural, deportiva ou educativa a través de liñas de axudas que garantirán a igualdade de oportunidade para todos os concellos independentemente da cor política do goberno que os presida. Bao insistiu en que “o piar fundamental da política da área de Cultura e Deportes da Deputación será a colaboración cos Concellos”. Grazas a estas liñas orzamentarias os concellos terán a oportunidade de impulsar distintas actividades culturais e mellorar o equipamento e as instalacións culturais e deportivas. Tamén lles permitirá traballar na conservación e posta en valor do patrimonio material e inmaterial. MAIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS HIPOTECADOS POLO GOBERNO ANTERIOR Antón Bao lembrou, na súa comparecencia ante os medios de comunicación, o esforzo que supón para a Área de Cultura e Deportes da Deputación cumprir cos convenios asinados, con catro concellos polo anterior goberno provincial. Estes convenios teñen como finalidade a construcción de piscinas nos concellos de Begonte, A Pastoriza, Becerreá e Bóveda. Bao lembrou que estes convenios foron asinados polos anteriores mandatarios destes concellos que na maior parte dos casos mudaron tras as últimas eleccións municipais. Segundo Antón Bao un total de 2.152.136 de euros irán destinados á execución das obras proxectadas nos convenios antes citados. Antón Bao sinalou que “en todo momento tivemos presente que o feito de terse producido un cambio de goberno na deputación non debía de supoñer un menoscabo para os dereitos dos veciños e veciñas dos concellos cos que a Deputación tiña asinado convenios que o anterior goberno aínda non executara”. Nesta mesma liña o vicepresidente primeiro da Deputación indicou que “dende a Área de Deportes quixemos manter un dialogo cos concellos que lles permitira as novas corporacións, xurdidas das últimas eleccións municipais, introducir cambios e modificacións nos proxectos que se redactarán en base aos convenios que deixaran asinados os anteriores gobernos”. Bao explicou que en algúns casos haberá modificacións que permitirán axeitar e racionalizar os proxectos ás realidades dos concellos. APROBACIÓN DO PAGO DE AXUDAS PARA ENTIDADES DEPORTIVAS E COMUNIDADES VECIÑAIS Antón Bao informou da aprobación do pagamento de varias axudas, para actividades, a comunidades veciñais que foran concedidas polo anterior goberno e estaban pendentes de xustificación. O vicepresidente primeiro informou, tamén, que a xunta de goberno celebrada hoxe na Deputación aprobou o pagamento dun novo lote de axudas destinadas a entidades deportivas. As entidades beneficiarias foron 12 que recibirán un total de 32.470 €. As axudas aprobadas hoxe foron para as seguintes entidades: Clube, Entidade ou AsociaciónAxudaTABOADA CLUB DE FUTBOL4000 €SOCIEDADE DEPORTIVA PARADELA3000 €ASOCIACIÓN DE CZDORES DE CAZAS-MOMAN500 €TIKITAKA FONSAGRADA F.S.1500 €AGRUPACIÓN DEPORTIVA VETERANOS DE ALBENSE600 €AGRUPACIÓN DEPORTIVA VETERANOS DE NAUSTI600 €AGRUPACIÓN DEPORTIVA VETERANOS DE SANTABALLES600 €BOXING CLUB CIDADE DE LUGO5500 €ESCOLAS DEPORTIVAS DE BARREIROS3920 €C. RABALE F.S.700 €CLUB BALONCESTO CIDADE DE LUGO7800 €CLUB QUIROGA FUTBOL SALA3750 €