Deputación de Lugo

O responsable da Área de Cultura, Antonio Veiga, presentou a programación do Museo para o mes de maio

Actividades organizadas pola Asociación da Prensa de Lugo (APL) servirán para abrir o museo a sociedade a través do colectivo xornalístico

O responsable da área de Cultura e Deportes da Deputación, Antonio Veiga, presentou esta mañá, en rolda de prensa, as actividades que se levarán a cabo neste mes de maio con motivo do 75º aniversario do museo de Lugo. A rolda de prensa ubicouse, nesta ocasión, na sala de mosaicos do museo. Antonio Veiga fixo un percorrido pola programación do museo para este mes de maio que dará cabida a actividades conmemorativas do Día dos Museos e tamén albergará actividades organizadas con motivo do Día da Liberdade de Expresión, enmarcados dentro do ciclo de actividades Museo Libre, que promove a Asociación da Prensa de Lugo. Veiga anunciou as exposicións que se inaugurarán neste mes de maio. O xoves 8 de maio ás 20:00 horas inaugurarase a mostra Historia do Zapato. O xoves 15 de maio ás 20:00 horas inaugurase unha mostra colectiva dos pintores lucenses agrupados baixo o, xa mítico, colectivo BACABÚ. O mércores 21 de maio abrirase na sala de Exposicións do Pazo de San Marcos unha exposición do lugués Lugilde. Antonio Veiga lembrou que permanecen abertas no museo, durante este mes de maio as exposicións: Cinco fotógrafos para un espazo, aberta na sala de Exposicións do Pazo de San Marcos at ao día 15; Bereberes, os señores do deserto, que se clausurará no museo o 18 de maio; tamén permanece aberta no museo de Lugo a mostra que leva por título PROXECTO ABERTAL, que é unha mostra conxunta de 99 artistas lucenses que abrangue diferentes disciplinas como: pintura, fotografía, escultura, videoinstalacións, etc... O museo ten programado, en colaboración coa Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galiza, un concerto o día 19, ás 21:00 horas, na praza Fillos de Antón de Marcos, do grupo Huun Huur Tuba (República de Tuba). Ademais manteranse as, xa habituais, entregas de láminas do Cartafol do Museo que se realizan cada 5 días e as proxeccións de imaxes que levan por título Contra o Muro e que teñen lugar no exterior do museo o día 10 de cada mes. 75 FESTAS Ao longo de todo este ano de celebración do 75º aniversario o museo programará para as fins de semana actividades lúdico-festeiras dirixidas a pequenos e maiores. Estas actividades contribuirán a converter o museo nun espazo aberto para disfrute de toda a cidadanía. Veiga presentou as actividades programadas para este mes de maio que se celebrarán sempre ás 12:00 horas. O sábado día 10 o museo acollerá o espectáculo Fantoches Baj. Tio Miseria e o domingo día 11 haberá maxia con Carlos Coira. Na terceira fin de semana o museo contará coa presenza do compañía teatral Buratini que presentará O pazo de papel. Na cuarta fin de semana de maio o sábado 24 a Asociación O Cadaval organizará xogos populares e o domingo día 25 haberá contacontos coa popular Paula Carballeira. CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS E DO DÍA DOS MUSEOS Coincidindo coa celebración do día das letras galegas e co día dos museos, o museo de Lugo ten programadas diversas actividades para a fin de semana do 17 e 18 de maio. O sábado 17, día das letras galegas, haberá contacontos con Pavis e Pavos ás 12:00 horas no Museo do Mar (Cervo) e ás 19:00 en San Paio de Narla (Friol), esta actividade trasladarase o domingo 18, ás 12:00 horas, ao Pazo de Tor (Monforte) e ás 18:00 ao museo provincial de Lugo. O domingo 18, día internacional dos museos, ademais das actividades programadas para as 75 festas coa compañía teatral Buratini e da entrega da lámina número 30 da Cartafol do Museo, haberá unha programación especial na chamada Noite dos Museos coa actuación, o sábado 31, de Pilocha que fará un percorrido musical polo museo. UN MUSEO LIBRE PARA CIDADÁNS E XORNALISTAS Asociación da Prensa de Lugo (APL), en colaboración coa Área de Cultura da Deputación porán en marcha o ciclo Museo Libre que se desenrolará ó longo deste mes de maio. Unha mostra da apertura do museo á sociedade é a posta en marcha esta iniciativa que xurde dunha doble celebración, a dos 75 anos do Museo Provincial de Lugo e da do Día da Liberdade de Expresión. O sábado día 3, tivo lugar a primeira das actividades deste ciclo, cunha iniciativa multicultural que rematou coa lectura dun manifesto co gallo do Día da Liberdade de Expresión e cunha solta de pombas, o acto completouse cun trío de música clásica, a intervención do escritor Lois Diéguez, a actuación do Mago Anllo, e un fragmento Teatral a cargo do grupo Pinchacarneiro da Fundación Anade. A APL organizará, na segunda semana do mes de maio, unha mesa redonda de xornalistas veteráns que xunto con historiadores e políticos lembrarán a censura soportada por moitos xornalistas durante a época do franquismo . Xa na terceira semana de maio, un representante de Reporteros sin Fronteras dará unha conferencia no Museo, para entre outras cuestións presentar o informe sobre a liberdade de expresión no mundo. A finais de maio a APL ten programado un acto de irmandade entre o Museo Provincial de Lugo, polo seu 75 aniversario, co xornal El Progreso, polo seu centenario. Pola súa banda a Asociación da Prensa de Lugo sumarase a esta celebración para festexar os seus 60 anos. A última das actividades previstas para este mes de maio será a presentación do Premio Xornalístico Museo de Lugo, patrocinado polo propio museo, e que contará coa colaboración de entidades financeiras. Este premio cultural, ao que concurrirán traballos que falen do museo ou da vida cultural da cidade, nace co obxectivo de converterse nun premio cultural de referencia e de ter continuidade en vindeiros anos. A derradeira actividade prevista para os próximos meses, froito da colaboración entre o museo e a APL, será a celebración dunha exposición de fotoxornalismo, con traballos de fotógrafos de toda a provincia, que estará aberta na Deputación Provincial de Lugo desde o 31 de xullo ata o 28 de agosto deste ano. RESUMO DE ACTIVIDADES: 1. EXPOSICIÓNS MUSEO DE LUGO Historia do Zapato: 08/05/08- 05/06/08 • Percorrido pola historia do calzado, dando a coñecer a súa evolución coas características de cada época. Grupo Bacabú: 15/05/08-29/06/08 • Mostra que estará composta por 40 obras dos compoñentes do grupo. Os membros son Santiago Catalán, Quique Bordell, Espiral, Refojo e Honorio. Lugilde: 21/05/08-29/06/08 • Exposición onde se ve plasmado o traballo dun artista esteticamente polémico como é Lugilde. A súa obra xira en torno ás lendas tradicionais ou as historias que el mesmo crea. 2. Entrega de láminas do cartafol do Museo: 10/05/08: Arracada de Bretoña. 15/05/08: Carneiro alado 17/05/08: Alabarda de sílex 18/05/08: Molde Bivaldo de Cotá 20/05/08: Lucerna 25/05/08: Tábula hospitalis do Courel 30/05/08: O salvador de Muxa 3. Concertos 19/05/08: Concerto de Huun Huur Tu (república Tuba). Promove a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e DDXX de patrimonio da Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza. 4. Contra o Muro 10/05/08. proxeccións nas fachadas do Museo 5. 75 festas para celebralo. 10/05/08: Tío Miseria por Fantoches Baj. 11/05/08: Maxia con Carlos Coira 17/05/08: O pazo de papel con Burattini teatro 18/05/08: O pazo de papel con Burattini teatro 24/05/08: Xogos populares pola Asociación O Cadaval 25/05/08. Contos por Carballeira 31/05/08: Devagariño coa Música. 6. Día das letras e noite dos Museos ( 17 de maio) 17/05/08: 12:00 horas Museo do Mar: Contacontos con Pavís Pavós 19:00 horas. San Paio de Narla: Pavís Pavós. Contacontos 18/05/08 12:00 horas. Pazo de Tor. Pavís Pavós 18:00 horas. Museo Provincial. Pavís Pavós 7. DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS E NOITE DOS MUSEOS Museo de Lugo Sábado, 17 de maio de 2008 DÍA DAS LETRAS GALEGAS Horario de apertura: De 11 a 14 horas e de 21:30 a 00:00 horas. “Un museo cheo de libros”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Xosé Mª Álvarez Blázquez, o visitante que entre no museo nesta xornada poderá levar para a súa casa un libro en galego, un agasallo dos fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Teatro 12:00 h.: O pazo de papel, por Buratini NOITE DOS MUSEOS Horario de apertura: De 21:30 ata as 00:00 horas. Como en anos anteriores o Museo Provincial de Lugo súmase ao programa da Dirección dos Museos de Francia, denominado “A noite dos museos” e proponlle ao visitante os seguintes actos: Visita-concerto 22:00 horas: Visita-concerto musical. Percorrido por distintas salas do museo guiados pola voz de Pilocha. Domingo, 18 de maio de 2008 DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS Horario de apertura: De 10,30 a 20,30 horas. Agasallos para os visitantes que se acheguen ao museo nesta data: -Chapas da colección “Rostros do Museo Provincial”. Para todos os públicos, con 10 rostros diferentes. -Lámina XXX coa reproducción do “Molde bivalvo de Cotá”. Con este agasallo o Museo Provincial de Lugo continúa a entrega da colección de 75 láminas que comprende o Cartafol do Museo. Guía gráfica do Museo Provincial de Lugo, publicación conmemorativa do 75 aniversario da súa creación. Teatro 12:00 h.: O pazo de papel, por Buratini. Contos 17:00 h.: Había una vez , a cargo de Pavís Pavós. Fantasía 19:00 h.: Galizas pulgas circus, por Circo de de Pulgas Carruselo. Museo do Mar Sábado, 17 de maio de 2008 DÍA DAS LETRAS GALEGAS Horario de apertura: De 11 a 14 horas, e de 17 a 20 horas “Un museo cheo de libros”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Xosé Mª Álvarez Blázquez, o visitante que entre no museo nesta xornada poderá levar para a súa casa un libro en galego, un agasallo dos fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo Fantasía 12:00 h.: Galizas pulgas circus, por Circo de de Pulgas Carruselo. Contos 19:00 h.: Había una vez, a cargo de Pavís Pavós. Domingo, 18 de maio de 2008 DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS Horario de apertura: De 11 a 14 horas, e de 17 a 20 horas Agasallos para os visitantes que se acheguen ao museo nesta data: -Chapas da colección “Rostros do Museo Provincial”. Para todos os públicos, con 10 rostros diferentes. 12:00 horas.-Inauguración da exposición “Picasso, Miró e Clavet”. PAZO DE TOR Sábado, 17 de maio de 2008 DÍA DAS LETRAS GALEGAS Visitas guiadas ás 11, 12:30, 16:30 e 18 horas. “Un museo cheo de libros”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Xosé Mª Álvarez Blázquez, o visitante que entre no museo nesta xornada poderá levar para a súa casa un libro en galego, un agasallo dos fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. Fantasía 19:00 h.: Galizas pulgas circus, por Circo de de Pulgas Carruselo. Domingo, 18 de maio de 2008 DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS Visitas guiadas ás 11, 12,30, 16,30 e 18 horas. Agasallos para os visitantes que se acheguen ao museo nesta data: -Chapas da colección “Rostros do Museo Provincial”. Para todos os públicos, con 10 rostros diferentes. Contos 12:00 h.: Había una vez, a cargo de Pavís Pavós. MUSEO ETNOGRÁFICO SAN PAIO DE NARLA Sábado, 17 de maio de 2008 DÍA DAS LETRAS GALEGAS “Un museo cheo de libros”. Para conmemorar o Día das Letras Galegas dedicado este ano a Xosé Mª Álvarez Blázquez, o visitante que entre no museo nesta xornada poderá levar para a súa casa un libro en galego, un agasallo dos fondos editados polo Servizo de Publicacións da Deputación de Lugo. 12:00 h.: Había una vez, a cargo de Pavís Pavós. Domingo, 18 de maio de 2008 DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS Horario de apertura: De 11 a 14 horas, e de 17 a 20 horas. Agasallos para os visitantes que se acheguen ao museo nesta data: -Chapas da colección “Rostros do Museo Provincial”. Para todos os públicos, con 10 rostros diferentes. Fantasía 12:00 h.: Galizas pulgas circus, por Circo de de Pulgas Carruselo.