Deputación de Lugo

O taller de traxes rexionais do CENTRAD, presente na Feira de Antigüidades de Sarria

Imaxe deputación de lugo
8 traxes da colección deste taller permanecerán esta fin de semana na Casa da Cultura sarriana

O taller de traxes rexionais do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo cede 8 traxes da súa colección á “XIII Feira San Lázaro. Antigüidades e Restauración” que se desenvolve en Sarria esta fin de semana e que se inaugura este venres, ás 20:30 horas, a cargo das autoridades locais na rúa Porvir. A colección rexional do CENTRAD poderá visitarse na Casa da Cultura, enfrente da carpa donde se situarán os 17 “stands” de anticuarios restauradores e coleccionistas, en horario de 11:00 a 21:00 horas. Os visitantes que se achegen ó centro cultural sarriano poderán ver unha selección dos mellores exemplares realizados por María Dolores Palacios e Beatriz Mourelos, bordadora e modista deste taller que conta con 22 anos de existencia. En total, 8 traxes que se enmarcan dentro das categorías “gala” e “rústicos”. Os traxes, todos de muller, están valorados entre os 1.000 e os 2.000 euros. A actividade deste taller está destinada a exposición e a desfiles. A mostra xa estivo exposta alomenos outras tres veces na Casa da Cultura sarriana. Taller de traxes rexionais Este taller, no que se elaboraron máis de 100 traxes, é posiblemente un dos máis vistosos. Todos os traxes rexionais foron deseñados en base a modelos tradicionais e confeccionados por personal do obradoiro que iniciou Margarita Lagarón, a nai da actual bordadora, María Dolores Palacios. O taller conta cunha modista e unha bordadora, pero durante anos funcionou como escola taller e colaborou moitos anos con asociacións folclóricas. O traxe máis valioso é un que leva 23 quilos de pedrería que Palacios bordou durante 8 meses e que fai uns quince anos foi valorado en algo máis de 6.000 euros.