Deputación de Lugo

O responsable da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, clausurou hoxe o VI Curso de Arte Galega no Museo

O responsable da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, clausurou hoxe o VI Curso de Arte Galega no Museo

O responsable da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, clausurou esta mañá, xunto con representantes da USC, no museo provincial a VI edición do Curso A Arte Galega que este ano tivo por título O BARROCO EN GALIZA: A SÚA RELEVANCIA NA PROVINCIA DE LUGO. Os principais destinatarios do curso foron: guías e intérpretes de turismo, persoal de museos e estudantes de titulacións académicas vencelladas coa arquitectura, as belas artes e o turismo. Os asistentes a este curso ampliaron os seus coñecementos sobre o Barroco Galego con quince charlas que se repartiron en xornadas de mañá e tarde entre o luns, día 14 e o mércores, día 16. O xoves, día 17, os participantes achegáronse a coñecer os mosteiros de Samos e Lourenzá guiados polo técnico do museo de Lugo, Fernando Arribas.