Deputación de Lugo

Ábrese o prazo de admisión de matrículas no Centro Asociado da UNED en Lugo

Imaxe deputación de lugo
Ábrese o prazo de admisión de matrículas no Centro Asociado da UNED en Lugo

LUGO, 24 DE XUÑO. O prazo estará aberto entre o 25 de xuño e o 31 de outubro deste ano 2008. Serán necesario solicitar a admisión para aqueles que realicen as probas de Selectividade noutra Universidade, os que proceden do COU sen selectividade, aqueles que realicen as Probas de Acceso para Maiores de 25 anos noutra Universidade (a admisión quedará condicionada a que a súa Universidade concédalles o traslado de expediente) e máis aqueles que xa estean estudando noutra Universidade e queiran estudar na UNED. Para obter a solicitude de Admisión na UNED, os interasados e interesadas poderanse dirixir a: - Na web www.uned.es - No Centro Asociado (C/. Cantigas e Frores, 31. Edificio FORCAM ? Lugo). - Nas librerías da universidade: C/ Bravo Murillo 38 e C/ Tribulete 10 ?Escolas Pías? - MADRID A solicitude de Admisión remitirase por correo certificado ao seguinte enderezo: UNED (Negociado de Admisións) Apartado de Correos 60.117 28080 Madrid Unha vez recibida a aceptación da solicitude de praza, débese tramitar o traslado expediente, ou no seu caso a simultaneidade, na universidade de orixe. Non necesitan Admisión os estudantes que queiran cambiar de carreira ou simultanear estudos se iniciaron estes estudos cun título universitario, xa proveñan da UNED ou doutra universidade.