Deputación de Lugo

A execución da Ronda Leste obrigará a pechar ó trafico un treito da estrada provincial 2921

Imaxe deputación de lugo
Os traballos terán unha duración aproximada de cinco meses

A execución da Ronda Leste de Lugo, no treito que cruza coas estradas N-640 e LU-530 A Fonsagrada, obrigará a pechar ó tráfico a carretera provincial 2921, entre o entre o punto quilométrico 1,4 (novo Hospital) e o 1,8 (paso sobre A-6) desde o 1 de setembro. Os traballos, promovidos pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, terán unha duración aproximada de cinco meses. Os conductores que circulen normalmente por esta vía deberán empregar o desvío provisional que se habilitará pola estrada municipal que parte do punto quilométrico 88,5 da N-640, na segunda rotonda da Campiña, por Astrar a Cimadevila.