Deputación de Lugo

O stand de “Km0 Xtreme” rexistrou preto de 2.000 visitas durante o Arde Lucus

Imaxe deputación de lugo

Km0 achégase esta semana á Ribeira Sacra e ó Concello de Cervantes

O stand de “Km0 Xtreme” que permaneceu aberto ó público durante as festas do Arde Lucus de Lugo rexistrou preto de 2.000 visitas. Todas as persoas que se achegaron ó posto instalado pola Deputación na Praza Maior tiveron a oportunidade de coñecer a nova oferta do programa Km0 que inclúe 14 rutas de deportes e multiaventura. Delas, 11 son totalmente de balde e tan só tres de pago, entre as que están as viaxes en helicóptero. Precisamente, entre os visitantes sorteáronse 24 viaxes para dúas persoas en helicóptero que sobrevoará a cidade de Lugo nunha ruta especial de “Km0 Xtreme” que se celebrará o 16 de setembro. Os 48 beneficiarios desta iniciativa non terán que aboar os 50 euros que custa esta actividade. Polo que se refire a Km0, esta semana visita a Ribeira Sacra e ó Concello de Cervantes. Este martes, un grupo da Asociación de Veciños “Parroquia de Arroxo” do Concello de Sober foron recibidos no Pazo de San Marcos. A ruta elexida inclúe unha visita o conxunto etonográfico do Mazo de Santa Comba, o castro de Couso, o Pazo de Quindós e o castelo de Doiras, en Cervantes. Mañá mércores Km0 volverá á Ribeira Sacra. Nesta ocasión, serán 36 membros pertencentes á Asociación Deportiva de Santiago de Foz os que coñecerán os Canóns do Sil. Tamén realizarán unha ruta de sendeirismo polos muíños de Xábregas en Arxemil. Como visita complementaria, coñecerán o Mazo de Santa Comba. O Piornedo, no Concello de Cervantes, será o principal destino do xoves. A Asociacióin de Mulleres Rurais “As espalladoras”, do Concello de Begonte percorrerán en primeiro as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño. Despois desprazaranse ós Ancares, onde coñecerán as pallozas e o museo do Piornedo e a igrexa de Donís.