Deputación de Lugo

O Outeiro de Rei campión da XXV Edición da Copa Deputación

Celebrouse a primeira final da Copa Deputación que enfrontou ao Outeiro de Rei e ao Guitiriz acadando a victoria, un ano máis, o Outeiro de Rei por 4 goles a 3

O próximo domingo xogarase a final entre o Lourenzá e o Clube Muralla de Lugo, clasificados na competición disputada entre os 61 equipos das categorías 2º e 3ª autonómica A XXV Edición da Copa Deputación, organizada pola Área de Deportes da Deputación que dirixe Antonio Veiga, xa ten gañador. O Outeiro de Rei alzouse como campión tras derrotar ao Guitiriz por 4 goles a 3 nun apaixonante encontro que foi seguido por case un milleiro de afeccionados que se desprazaron ata Castro Riberas de Lea para presenzar o partido. Esta primeira final, entre o Outeiro de Rei e o Guitiriz, xogouse entre os equipos clasificados tras unha fase previa na que participaron un total de 20 equipos procedentes das categorías de Preferente Autonómica e Primeira Autonómica. Nesta competición, organizada pola Federación Galega de Fútbol e patrocinada pola Área de Deportes da Deputación de Lugo, participaron un total de 81 clubes de fútbol das categorías 1ª, 2ª, 3ª autonómica e Autonómica Preferente que representan, aproximadamente, o 95 % dos equipos da provincia. O próximo domingo xogarase a outra final entre os equipos clasificados na competición que se disputa entre os 61 equipos das categorías 2º e 3ª autonómica que son o Lourenzá e o Clube Muralla de Lugo. No mes de agosto celebrarase a Superocopa Deputación que o día 17 de agosto se disputará nunha final a tres entre Clubes que militan en ligas estatais e o campión da final a disputar entre os equipos de preferente e 1ª autonómica. O día 24 de agosto celebrarase outro encontro desta Supercopa Deputación nunha final a tres entre os subcampión de de preferente e 1ª autonómica e o campión e subcampión de 2ª e 3ª autonómicas. O responsable da Área de Deportes da Deputación, Antonio Veiga, manifestou a súa satisfacción polo alto grado de participación nesta competición e polo alto nivel de xogo despregado polos equipos finalistas, Veiga quixo felicitar, tamén ás afeccións de ámbolos dous equipos que se desprazaron ao campo de fútbol de Castro Ribeiras de Lea. INCREMENTO NO ORZAMENTO DA COPA DEPUTACIÓN NA SÚA XXV EDICIÓN A Área de Deportes, dirixida por Antonio Veiga, a Deputación incrementou, de xeito considerable, a partida orzamentaria asignada a esta competición que este ano ascenderá a 80.000 € mentres que en pasadas edicións roldaba os 60.000 €. Segundo Veiga, a Área de Deportes realizará, neste ano do 25 aniversario da Copa Deputación, un esforzo encamiñado a facer desta competición un lugar de encontro atractivo para todos os clubes das distintas comarcas lucenses. O campión da Copa Deputación percibirá un total de 5.000 euros e o subcampión un total de 4.000 euros, ademais todos os participantes percibirán 450 € por partido xogado.