Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación inaugurará as II Xornadas Xurídicas do Concello de Sarria

Imaxe deputación de lugo
As novidades dos sector inmobiliario e a lexislación urbanística, principais temas do encontro

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurará a II Xornadas Xurídicas do Concello de Sarria que terán lugar os días 23 e 24 de maio na Casa da Cultura do municipio sarriano. No acto de inauguración, previsto para as 11:30 horas, o máximo mandatario provincial estará acompañado polo Alcalde de Sarria e Deputado provincial, Claudio Garrido, e por maxistrados especializados en urbanismo. Neste senso, a principais novidades dos sector inmobiliario e a lexislación urbanística centrarán as xornadas que este ano chegan á segunda edición. O encontro dará comezo ás 12:00 horas coa ponencia “Novidades introducidas no sector inmobiliario pola Lei de Ordenación da Edificación e o Código Técnico da Edificación” a cargo do Presidente do Consello Xeral de Arquitectura Técnica de España e Vicepresidente da Unión Profesional, José Antonio Otero Cerezo. Xa pola tarde, haberá unha mesa redonda na que especialistas na materia disertarán sobre o “Dereito do Urbanismo”, e que estará moderada por Román García Varela, Maxistrado da Sala Primeira do Tribunal Supremo. Asimesmo, no coloquio participarán Pascual Sala Sánchez, Maxistrado do Tribunal Constitucional, Fernando Ledesma Bartret, Presidente da Sección Terceira da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo, Mariano De Oro-Pulido López, Presidente da Sección Quinta da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo e Ramón Saul Lueje Espina, Director Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia. As xornadas continuarán durante a mañá do sábado coas ponencias “A licenza de obras como mecanismo de control” e “A responsabilidade civil dos axentes do proceso edificativo”. O simposio quedará clausurado ás 13:30 horas.