Deputación de Lugo

Cabello (Camargo-Ferroatlántica) gaña en Burela e Angel Vallejo (Supermercados Froiz) fai historia como primeiro gañador da Volta

Os galegos Borja Calviño (Frisonoble) e Jesús González (Cidade de Lugo) rematan a Volta como os dous mellores ciclistas galegos.

A terceira e derradeira etapa da “I Volta Ciclista as Comarcas de Lugo-Gran Premio Deputación”, con saída e chegada en Burela, cumpriu as expectativas que apuntaban a un xornada decisiva. Victoria de etapa para Ignacio Cabello (Camargo-Ferroatlántica) e cambio de líder, converténdose o ciclista do conxunto galego Supermercados Froiz Angel vallejo -2º na xeral ata a saída de hoxe-, no home que inaugura o palmarés de vencedores absolutos da ronda luguesa, flanqueado no podio final polos homes do Saunier Duval Víctor Cabedo e Rubén García, 2º e 3º respectivamente. O desfondamento na etapa do portador do maillot de líder, Pol Nabben (Diputación de León), que non puido entrar na fuga boa da xornada, fixo posible que os seguintes clasificados da xeral, que sí o fixeron, abriran a brecha necesaria para loitar pola victoria final e polos postos de podio, entrando Nabben a 1:22 dos fugados. En canto ós restantes vencedores finais, cabe salientar o cambio de portador do maillot das metas voantes, desbacando nesta última xornada o italiano do Palazzago Vladimir Tuychitev a José Rodríguez (Spiuk). Sen cambios quedaron as restantes clasificacións, adxudicándose o maillot final da Montaña Stefano Pirazzi (Palazzago). Víctor Cabedo (Saunier Duval) mantivo unha xornada máis o maillot que o acredita como mellor Sub 23. Borja Calviño (Frisonoble) tamén conseguiu levarse para casa o maillot que o acredita como mellor Galego da Volta, Película da etapa A etapa Burela-Burela trasncurriu con relativa tranquilidade ata o primeiro alto da xornada (Couboeira-3ª categ.), momento no que se forma unha fuga de 26 homes, no que non está Pol Nabben (portador do maillot de líder), pero sí os tres seguintes da xeral, é dicir, Angel Vallejo (Froiz- a 29 segundos na xeral), Víctor Cabedo (Saunier Duval, a 41 segundos), Rubén García (Saunier Duval- a 49 segundos) e Dimitry Puzanov (Caixanova- a 59 segundos). No kilómetro 94 a diferenza era de 2:20, aínda que a 10 kilómetros para meta o tirón do pleotón xa reducira a fuga a 1 minuto 35 segundos. En liña de meta, tralo paso do gañador da etapa, Ignacio Cabello (Camargo-Ferroatlántica), a diferenza do grupo de fugados sobre o pelotón principal – con Nabben- foi de 1 minuto 22 segundos, tempo máis que suficiente para que o home do conxunto galego Supermercados Froiz, Angel Vallejo, inaugurara o palmarés da Volta. Satisfacción O presidente do Clube Ciclista Cidade de Lugo –clube organizador-, Eugenio Paz, amosou a súa satisfacción polo resultado desta primeira Volta, marcada pola emoción ata o final no aspecto deportivo, proba máis que evidente do nivel do plantel de equipos elixidos para esta novedosa proba por etapas. Importante foi tamén a elevada asistencia de público e a implicación dos nenos de Chantada, Lugo e Burela, a través da súa participación na denominada “Volta Peque”, unha aposta pola promoción do ciclismo que resultou un éxito. Paz tamén fixo referencia á necesidade de agradecer profundamente a súa aposta por esta proba por parte da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, sen a cal non sería posible levar a iniciativa adiante. No desexo de Paz está que ese apoio teña continuidade e a ronda luguesa vaia gañanado terreo e prestixio no calendario de citas españolas por etapas. CLASIFICACIÓN DA ETAPA: 1º- Ignacio Cabello (Camargo-Ferroatlántica) 3:10:48 2º- Fabio Ferreira (Credito Agrícola) m.t. 3º- Ricardo Vilela (Sta. Mª da Feira) m.t. CLASIFICACIÓN XERAL FINAL: 1º- Angel Vallejo (Super Froiz) 09:40:59 2º- Víctor Cabedo (Saunier Duval) a 12 seg. 3º- Rubén García (Saunier Duval) a 20 seg. CLASIFICACIÓN FINAL MONTAÑA 1º- Stefano Pirazzi (Palazzago) CLASIFICACIÓN FINAL METAS VOANTES 1º- Vladimir Tuychitev (Palazzago) CLASIFICACIÓN FINAL GALEGOS 1º- Borja Calviño (Frisonoble) CLASIFICACIÓN FINAL SUB 23 1º- Víctor Cabedo (Saunier Duval) CLASIFICACIÓN FINAL EQUIPOS 1º- Saunier Duval. As clasificacións completas poden consultarse en www.voltaascomarcasdelugo.com