Deputación de Lugo

O Piornedo, a Ribeira Sacra e Viveiro protagonizan esta semana Km0

Veciños de Bóveda, Vilalba e Lugo participan neste programa de visitas promovido pola Deputación

Veciños de Bóveda, Vilalba e Lugo participan esta semana no programa de visitas institucionais e medioambientais Km0 que promove a Deputación. O Piornedo, A Ribeira Sacra e a Mariña son os destinos elexidos nesta ocasión. Un grupo da Asociación de Mulleres Rurais “Amencer” de Bóveda foi recibido este martes no Pazo de San Marcos. A ruta elexida por estas veciñas do sur da provincia inclúe o Centro de Artesanía e Deseño e o Concello de Viveiro. Na cidade do Landro, vistarán Santa María do Campo, a muralla e a Porta de Carlos V. A continuación, darán un paseo pola praia de Covas e subirán ó alto de San Roque. Mañá participarán en Km0 36 veciños de Vilalba pertencentes á Asociación Insua Zoqueira. Neste caso, coñecerán o Mazo de Santa Comba e desprazaranse ata A Ribeira Sacra. Farán unha ruta a pé ata Pena do Castelao e despois, unha travesía fluvial en catamarán. Por último, o xoves a ruta é a do Piornedo. Membros da Asociación Senior de Telefónica de Lugo visitarán o Centro de Interpretación Terras do Miño e despois viaxarán ó Concello de Cervantes, onde coñecerán as pallozas do Piornedo e a a igrexa de Donís.