Deputación de Lugo

A ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO ACHEGA A PROXECCIÓN DA PELÍCULA PRADOLONGO AO CONCELLO DE VILALBA

Imaxe deputación de lugo
Mañá, martes 2 de setembro, proxectarase este filme galego

A vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da Área de Cultura, programaron para este verán un ciclo de proxeccións que vai achegar a película galega Pradolongo a un total de 20 concellos lucenses. As proxeccións faranse ao aire libre, para poder desfrutar dun filme de alta calidade e das noites de verán. Esta é unha das actividades que a Área de Cultura de Deputación leva a cabo para descentralizar a actividade cultural, emanada dende esta institución, e achegala aos distintos concellos e ás distintas comarcas de Lugo. O martes 2 de setembro, ás 22:30 horas, a Praza do Auditorio de Vilalba converterase nunha gran sala de cinema cun novidoso sistema que permite unha proxección, en alta definición, en espectaculares pantallas hinchabéis cunha ampla superficie de proxección ou retroproxección e que polas súas características son especialmente axeitadas para a proxección en exteriores. MÁIS DE 40.000 ESPECTADORES NAS SALAS DE CINEMA AVALAN UN FILME NIDIAMENTE GALEGO PRADOLONGO propón unha visión naturalista e 100 % galega do contraste entre a Galicia verde fronte ao desenvolvemento industrial representado polas empresas louseiras, como fondo dunha historia de iniciación protagonizada por tres rapaces que chegan á maioría de idade e vense obrigados a reconsiderar os seus soños. O filme, producido por Vía Láctea Filmes, achégase así máis intensamente ao público galego, logo do grande éxito acadado pola película nas salas de cine nas que foi exhibido. Esta producción conta coa participación de TVG e coa axuda da Dirección Xeral de Creación en Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, da Axencia Audiovisual Galega, da Deputación de Ourense, e a colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual e Turgalicia. LUGARES E DATAS DAS PROXECCIÓNS PATROCINADAS POLA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN DE LUGO SesiónsConcelloEmprazamentoDíaHora1LugoXardíns da Deputación10-xullo23:00h2MeiraPraza Maior12-xullo23:00h3BurelaPraza da Mariña17-xullo22:30h4MondoñedoPraza do Concello18-xullo23:00h5SarriaPraza da Vila24-xullo23:00h6Guntín Praza da Igrexa25-xullo23:00h7A FonsagradaPraza da Igrexa de Sta María26-xullo22:30h8Ribadeo Cantón dos Moreno01-agosto22:30h9BarreirosPraza do Concello03-agosto22:30h10FozPatio Colexio Nº 105-agosto22:00h11Monforte de LemosPraza de España06-agosto22:30h12A Pobra de BrollónÁrea Sanugueiros07-agosto22:30h13XermadePraza do Concello08-agosto22:00h14PolCarballeira de Rioxoán13-agosto22:30h15BarallaPraza Maior14-agosto22:00h16ChantadaParque Eloísa Rivadulla15-agosto22:30h17XovePraza do Centro Cívico17-agosto22:30h18A PastorizaPraza do Concello21-agosto 22:30h19RiotortoPraza do Concello29-agosto22:30h20Vilalba Praza do Audiotiro02-setembro22:30h